Xoves 18 Abril 2024

O 8M mira cara ás científicas co ciclo Ciencia en Feminino

GCiencia inicia un ciclo de charlas e debates con recoñecidas investigadoras galegas, ao abeiro da Escola María Vinyals da Deputación de Pontevedra

Decididas a cambiar o mundo”. Con esta contundente declaración de intencións e reivindicando a Axenda de Paridade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou o extenso programa de actividades organizadas pola institución provincial ao redor do 8M. Unha programación que se desenvolverá ao longo de todo o mes e na que se porá o foco na infrarrepresentación das mulleres na política, na economía e na empresa, nos medios de comunicación, no saber e na creatividade.

Neste marco, ao abeiro da Escola de Igualdade María Vinyals e en colaboración con GCiencia, inscríbese o novo ciclo impulsado por GCiencia Ciencia en Feminino, que inclúe dúas conversas con senllas científicas, e dúas mesas de debate de investigadoras. Nas charlas e mesas —todas en liña— terá un papel activo a propia presidenta da Deputación, Carmela Silva, anfitrioa do evento.

Publicidade

As castro citas en streaming de Ciencia en Feminino terán lugar os xoves 3, 10, 17 e 24 de marzo, ás 19.00 horas. O programa é o seguinte:

É a directora do grupo de BioFarma. O seu equipo céntrase no desenvolvemento de proxectos de I+D+i en fases temperás do descubrimento de fármacos, sendo un referente a nivel estatal. Ten máis de 160 artigos publicados en revistas científicas e foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger en 2019.

  • 10 de marzo. Mesa de debate: Fuga de talentos e conciliación

Investigadoras que desenvolven a súa carreira no estranxeiro falarán da precariedade da investigación no noso país, o nesgo de xénero no mundo científico e ata que punto condiciona a precariedade, a obrigada procura de oportunidades no exterior; as políticas de conciliación vixentes en Europa e en España… Elas son:

Isabel Suárez Fernández é física pola USC. Actualmente está a desenvolver o seu doutoramento no Instituto Superior Técnico (IST) CENTRA-Centro de astrofísica e gravitación de Lisboa. A súa tese afonda nos fenómenos críticos no colapso gravitacional.

Alba Vieites Prado é neurocientífica e, hoxe en día, investiga no Paris Brain Institute a plasticidade de largo alcance das redes neuronais no cerebro humano.

Lorena Boquete Vilariño. Bióloga. Investiga na Universidade de Cambridge a interacción entre as células cancerosas e as células dendríticas.

Coordina o grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).​ Bolseira na primeira edición internacional do Programa L’Oréal UNESCO For Women in Science (primeira española becada nos 17 anos do programa). Ademais é membro do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo. Premio María Josefa Wonenburger en 2020.

  • 24 de marzo. Mesa de debate: Teitos de cristal na investigación

Unha reflexión sobre o papel das mulleres en postos claves da investigación, sobre a súa escasa presenza ao fronte de grupos de investigación, as razóns que as levan a quedar no camiño da carreira profesional, a escasa representación de académicas na RAGC ou á fronte de institucións académicas, etc. As relatoras son: 

Concepción Sánchez Fernández, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, recién integrado na MBG. Dirixe o gupo de investigación: Biotecnoloxía de especies forestais e traballa en biotecnoloxía forestal e a bioloxía molecular do desenvolvemento.

María Luz Loureiro García é catedrática de Economía da USC. Responsable do Grupo Eco Iuris de análise xurídico-económico. As súas investigacións están vencelladas á economía enerxética, a economía ambiental e á economía agrícola. A súa valoración económica de danos ambientais foi utilizada pola Fiscalía no proceso de reclamación xudicial dos danos causados pola vertedura do Prestige. Este ano será nomeada académica da RAGC.

Lucía Maneiro Santamaría, CEO da spin-off galega Psico VR, creadora dun software para gafas de realidade virtual (RV) dirixido ao tratamento psicolóxico de fobias, estrés e pánico.


Consulta aquí o programa completo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:54:16

Begoña Vila: “Cando son a única muller nunha reunión xa non o penso. Aprendino co tempo”

A astrofísica da NASA clausura o ciclo 'Ciencia en feminino' facendo un repaso á súa traxectoria como muller e científica
00:00:00

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Begoña Vila

A astrofísica viguesa traballa actualmente na NASA e conta a súa experiencia como muller científica nun campo tradicionalmente masculinizado
00:59:50

“A presión que hai en España por investigar fóra non a hai noutros países”

As científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras participaron na terceira sesión de ‘Ciencia en Femino’ para falar sobre as súas experiencias investigadoras no estranxeiro
00:59:50

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Científicas no estranxeiro

As galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países