A investigadora do CiQUS Beatriz Pelaz, premiada pola Real Sociedade Española de Química

A científica foi galardoada na categoría Premio Xoven Investigador, na modalidade Líder de Grupo

Beatriz Pelaz, investigadora principal do Centro Singular en Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela, ven de ser galardoada co premio da Real Sociedade Española de Química (RESQ) na categoría de Premio Xoven Investigador. “Agradezo á RSEQ este recoñecemento e felicito ao resto de premiados. Encantaríame compartir este premio cos meus mentores e os membros actuais e pasados do grupo BioNanoTools”, declara a recén galardoada.

Promovidos pola veterana sociedade científica dedicada á divulgación e ao desenvolvemento da Química, os diferentes galardóns clasifícanse en cinco categorías de premios, un recoñecemento e unha medalla. Pelaz foi recoñecida coa mención Nova Investigador e na modalidade de Líder de Grupo. A organización, que destacou o altísimo nivel das candidaturas deste ano 2022, entregará as distincións nun acto cuxa data de celebración aínda está por determinar.

Publicidade

Programa Humboldt

A premiada licenciouse en Química pola Universidade de Valladolid en 2005 e en Bioquímica pola Universidade de Zaragoza no 2011. Un ano despois, obtivo seu título de doutorado coa mención europea pola Universidade de Zaragoza. En xuño do 2012, a finais de 2016, Pelaz foi membro do grupo do Profesor Wolfgang J. Parak na Philipps-Universität Marburg, en Alemaña, primeiro como investigadora postdoctoral e despois como investigadora do programa HumboldtDende xaneiro de 2017, colidera o grupo BionanoTools no CiQUS da USC, primeiro como investigadora principal de un proxecto para xóvenes investigadores (JIN, MINECO), e dende 2019 como investigadora Ramón y Cajal. A súa investigación céntrase no desenrolo de materiais intelixentes controlables remotamente e no estudo da súa interacción con entidades biolóxicas.

Pelaz lidera o proxecto Spacing financiado con 1,5 millóns de euros polo selectivo programa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (European Research Council ERC)no que tratan de desenrolar unha nova tecnoloxía baseada no ADN que permita a modificación da superficie de nanomateriais, en particular nanopartículas.

Publicidade

Beatriz Pelaz: “Queremos construír nanoimpresoras de ADN”

No 2020 tamén foi seleccionada para participar no proxecto europeo SWIMMOT, liderando o equipo español dende BioNanoTools no CiQUS, o cal traballaba xunto con Austria e Francia nun consorcio que ten como obxectivo final a detección temperá e o tratamento de enfermidades a través de bioimaxe de contraste.

Na procura de novos materiais intelixentes

A premiada Beatriz Pelaz, xunto ao tamén investigador principal Pablo del Pino, lideran Bionanotools, un grupo de investigación do CiQUS da USC. Trátase dun equipo de científicos de materiais con coñecementos complementarios en física, química, bioquímica, nanobiotecnoloxía e nanomedicina; e no que os principais intereses de investigación céntranse nos materiais nanoestructurados “intelixentes” para aplicacións en medicina e bioloxía. CiQUS, plataforma de talento.

Beatriz Pelaz non é a primeira galardoada do CiQUS co premio Novo Investigador da RSEQ. Dende o 2015 varios son os investigadores principais que tamén obtiveron este premio. En total son catro investigadores galardoados: Moisés Gulías, Martín Fañanás, Javier Montenegro e agora, Beatriz Pelaz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Tres etapas, unha carreira: mulleres que fan ciencia no CiQUS

Investigadoras do Centro Sigular da USC relatan retos, avances e desigualdades dende a formación inicial ata o liderado con motivo do 11F, o Día da Muller e a Nena na Ciencia