A investigadora María Vivero López, premiada pola Real Academia de Farmacia de Galicia

A farmacéutica foi galardoada co Premio Julián Francisco Suárez Freire a Mozos Investigadores por unha proposta que integra audífonos e fármacos

A investigadora María Vivero López gañou o Premio Julián Francisco Suárez Freire para Mozos Investigadores outorgado pola Real Academia de Farmacia de Galicia e patrocinado polas cooperativas Bidafarma e Cofano. Así mesmo, o investigador Rubén Varela Fernández foi o gañador do Acessit concedido nesta categoría.

Poden optar a este premio as persoas nacidas con posterioridade ao 31 de decembro do 1985 que publicaran, como primeiras firmantes, un traballo orixinal realizado total ou parcialmente nunha institución galega, sobre un tema relacionado co medicamento dende as súas fases temperás de I+D á cadea de distribución.

Publicidade

María Vivero López está graduada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e participa no grupo de investigación I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos desta mesma universidade. Na actualidade, ten unha bolsa Predoutoral da Xunta de Galicia.

O proxeto premiado

López presentouse a esta candidatura coa investigación que parte da fabricación duns audífonos feitos por impresión 3D que teñen a novidade de incorporar neles os fármacos que se empregan comunmente no tratamento de infeccións de oído. Segundo conta a investigadora, de cara a pacientes, a mellora que presenta esta proposta é que “permite unha administración continuada do fármaco no oído sen ter que estar administrando as gotas continuamente co problema que iso supón para quen o padece”.

Publicidade

Dunha banda, os audífonos evitarían os esquecementos que conleva a aplicación manual de cada dose. Tamén significacarían unha mellor calidade de vida para pacientes que teñen unha infección de oído e usan audífono, posto que o primeiro paso no tratamento sería quitalo. “A nosa proposta permitiría que ao mesmo tempo que se administra a medicación, se mantivera a capacidade do audífono de restaurar a audición”, sinala López. O que evitaría que durante o tratamento a persoa se vira limitada por non poder escoitar con normalidade.

Participación internacional

A investigación contou coa colaboración da University College de Londres, coa que se buscou ir un paso máis alá respecto a outros sistemas impresos que administran fármacos, creando un produto sanitario de combinación, que vén a ser a unión dun produto sanitario —neste caso o audífono— cun fármaco. A maiores, o grupo I+D Farma colabora regularmente con outros grupos de investigación internacionais.

Estudar farmacia

Se María Vivero López tivera que volver a escoller os seus estudos: “Volvería elixir farmacia outra vez, e iso reconfórtame porque sinto que niso non me enganei, que escollín o que quería, tiven sorte e acertei”. Cando se lle pregunta que consello lle daría a aquelas persoas que barallan estudar a carreira responde que “o ideal é preguntar moito, porque a información é poder”. Nese sentido, convida a pararse un pouco unha vez se remata bacharelato e pescudar ben como vai ser a carreira e que traballos se poden desenvolver despois.

“Outra cousa importante é animar ás persoas que senten que se confundiron cos estudos que escolleron a que non teñan medo a cambiar de carreira, porque non é unha perda de tempo”, apunta. Co motivo da proximidade ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, López comenta que tivo a sorte de non sentirse prexudicada por ser muller nin durante os seus estudos nin na súa carreira profesional. A maiores, considera que certas desigualdades se están empezando a correxir co establecemento de correccións de nesgo por sexo en convocatorias como as da Xunta de Galicia para axudas predoutorais e posdoutorais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha terapia xénica creada en Galicia abre novas vías para tratar un dos tumores cerebrais máis agresivos

A investigadora Carla García Mazás recibe un premio da Real Academia de Farmacia polo seu innovador traballo na loita contra o glioblastoma

Pioneiras da bata branca: a historia das primeiras farmacéuticas de Galicia

Con motivo do Día Mundial do Farmacéutico, o catedrático en Historia da Farmacia Antonio González Bueno reconstrúe o percorrido académico, profesional e persoal daquelas que obtiveron o grao en Galicia antes da Guerra Civil

“Os implantes óseos de impresión 3D abren a posibilidade de formar novo tecido a longo prazo”

A investigadora da USC Ana Iglesias Mejuto obtén o premio á mellor tesis doutoral en polímeros polo seu traballo sobre aeroxeles para medicina rexenarativa

Un estudo da USC valida a implantación clínica de medicamentos mastigables impresos en 3D

O traballo de Lucía Rodríguez aborda a tecnoloxía de extrusión para preparar remedios individualizados e fáciles de inxerir