Case un cento de actividades en sete cidades. A ciencia volverá achegarse ao público en Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Ourense na nova edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night). Este venres, 30 de setembro, a ciencia sae á rúa para celebrar charlas en bares, obradoiros infantís e visitas guiadas a diferentes centros de investigación. O evento, coordinado nesta décima edición pola Universidade de Vigo, unirá creatividade e coñecemento científico baixo o lema Conciencias creativas. Estas son as actividades que non debes perder:
A Coruña
- Tecnoloxías dixitais para persoas maiores: Como potenciar o envellecemento activo e saudable (Charla-obradoiro). Sábado, 1 de outubro. 12.00 horas. MUNCYT.
- Cambio climático e pegada ecolóxica (Charla) 19.30 horas. Bar La Consentida (A Coruña)
- Que é un buque metanero? A alternativa ao transporte de gas natural (Charla) 20.30 horas. Bar La Consentida (A Coruña)
- Deseña un circuito eléctrico (Obradoiro) Sábado, 1 de outubro. 11.30 horas. MUNCYT.
- “A nosa percepción da cidade nocturna”. Diálogos sobre a percepción da iluminación artificial na noite urbana percorrendo a cidade (Paseo) De 21.00 a 23.00 horas. Punto de encontro: Estatua de María Pita na Praza de María Pita.
- Pequenos experimentos da enxeñaría civil (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- Vén saborear, texturizar e investigar as algas mariñas (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- Microbioma e bacterias resistentes (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita.
- CONCiencia Social (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita.
- Generación de enerxía eléctrica empregando energy harvesters excitados polo vento (Obradoiro) Horario por concretar. Centros educativos de educación secundaria
- Visita guiada ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) De 10.00 a 12.15 horas. CITEEC, Campus de Elviña
- Coñece o CITIC De 12.00 a 13.30 horas. CITIC, Campus de Elviña
- A GNIGHT do INIBIC, 12.00 horas. DOMUS
- Experimentando no mar (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- Torre de densidades (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- Esferificacións con alxinato para explicar a estrutura da membrana celular (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- Medición de pH con extracto de lombarda (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
- O teu microbioma e ti (Obradoiro) De 18.00 a 21.00 horas. Praza de María Pita
Ferrol
- Os lagos como centinelas do cambio ambiental: o caso do lago de Doniños (Visita guiada) De 10.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas. Lago de Doniños
- A luz que cambia a materia (Obradoiro) De 10.00 a 20.30 horas. CITENI, Campus de Esteiro
- Polímeros sostibles para a impresión 3D. É un desperdicio? Non, é un polímero 3D (Obradoiro) De 10.00 a 20.00 horas. Laboratorio de Plásticos do CITENI, Campus de Esteiro.
- Navegando por un mar en miniatura: modelos de barcos a escala no canal de ensaios (Obradoiro) De 10.00 a 20.30 horas. Canal de Ensaios Hidrodinámicos do CITENI, Campus de Esteiro
- A maxia da tensión superficial nos líquidos (Obradoiro) De 10.00 a 20.30 horas. Laboratorio de Fluídos do CITENI, Campus de Esteiro
- Experiencia con novos materiais, de 10 a 13.30 horas. CIS Tecnoloxía e Deseño
- Experiencia coa realidade aumentada e realidade virtual, de 10 a 14.00 horas. CIS Tecnoloxía e Deseño
- Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles (Obradoiro) De 10.00 a 20.30 horas. 3ª andar do CITENI, Campus de Esteiro
- Descubrindo o CIS Tecnoloxía e Deseño (Portas abertas) De 18 a 20.00 horas. CIS Tecnoloxía e Deseño
Lugo
- A análise sensorial: unha disciplina científica con moito miolo (Charla) De 18.15 a 18.45 horas. O Vello Cárcere
- Xenética de vangarda aplicada á saúde, mellora e conservación de recursos biolóxicos (Charla) De 19.15 a 19.45 horas. O Vello Cárcere
- Esqueletes á escea (Obradoiros) De 18.00 a 22.00 horas. O Vello Cárcere
- Dío con luz
- O que agochan as células
- O solo que pisamos
- Canta proteína ten?
- A luz-regra do nanouniverso
- Doutor, que lle ocorre á miña vaca?
- O peixe cebra e as súas aplicacións como organismo modelo
- Trichinella, o verme que veu cear
- Os inimigos microscópicos
- O lado amargo do azucre
- Que esconde a auga?
- Clonando as miñas árbores
- Hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental
- Fotosíntese artificial
- Impresión 3D
- Realidade aumentada
Ourense
- Ser escriba na Antigüidade: xeroglífico, micénico e latín (Obradoiro) De 18.00 h a 21.30 horas. Salonde Graos, Edificio de Ferro, Campus de Ourense
- Discapacidade e dependencia, unha sociedade inclusiva? (Charla) De 20.30 a 22.30 horas. Café & Pop Torgal
- Cando interveñen as traballadoras sociais nas familias? (Charla) De 20.30 a 22.30 horas. Café & Pop Torgal
- Traballo Social dixital (Charla) De 20.30 a 22.30 horas. Café & Pop Torgal
Se precisas máis información sobre as charlas celebradas no Café & Pop Torgal preme nesta ligazón.
Pontevedra
- A combustión: moito máis que lume e gases (Charla) De 19.30 a 21.00 horas. La Gramola
- A intelixencia artificial que nos rodea (Charla) De 19.30 a 21.00 horas. La Gramola
Santiago de Compostela
- Viaxe ao interior dun Supercomputador. Descobre FinisTerrae III (Visita guiada) Dende as 16.00 horas. Centro de Supercomputación de Galicia
- Debuxando os nosos escudos (Obradoiro) Ás 19.00 horas. Seminario e claustro baixo do IEGPS
- As mulleres na Historia de Compostela: borrando un esquecemento (Charla) Ás 19.30 horas. Salón de actos do IEGPS
- Matemáticas para a Terra, o mar e a vida (charlas). CITmaga:
- As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais, 18.00 horas
- A Estatística e o azar das probas da COVID-19, 18.20 horas
- Cantos buracos ten unha camiseta?, 18.40 horas
- Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais, 19.00 horas
- Atúns fantásticos e onde atopalos, 19.20 horas
- Espazo experientia (Obradoiros) De 18.00 a 21.00 horas. Claustro do Colexio de Fonseca
- Biotecnoloxía na cocina
- Fabrica o teu propio anticorpo
- Gastronomía molecular
- Métodos de oxidación avanzada con nanopartículas magnéticas
- Produción de biopolímeros a partir de residuos grasos
- Cálculo da pegada de carbono e hídrica dos alimentos
- Uso de disolventes eutécticos para a recuperación de coláxeno dos residuos de peixe
- Solo e Medio Ambiente
- Están nos ósos! Ambiente, saúde e dieta no pasado
- Scalextric-IA
- NL4XAI
- Menelaos
- MISEL
- Descubrindo a radiación: os raios cósmicos
- Minerais, ver o invisible. De HAÜY á ERMELOITA
- Mundos microscópicos
- Impresión 3D, do laboratorio ao doente
Vigo
- Hoy por hoy Radio Vigo en directo dende O Berbés (Programa) 12.00 horas, Edificio Redeiras, Praza do Berbés
- Linguas, tecnoloxía e empresa (Charla-coloquio) De 20.00 a 20.45 horas. Edificio Redeiras, Praza do Berbés
- Ciencia no bar (Charlas) De 20.30 a 22.00 horas. Vitruvia Café
- O papel dos recursos minerais na descarbonización e dixitalización da economía
- En busca de microorganismos degradadores de plásticos
- Paseo científico na embarcación Inndaga, dende as 16.00 horas, Porto pesqueiro de Vigo, dársena 2
- Expo-feira científica no Berbés, de 18.00 a 21.00 horas, Praza do Berbés. Tamén hai obradoiros:
- Nanopartículas plasmónicas: un arco da vella metálico
- Constrúe unha dobre hélice de ADN
- Os minerais como testemuñas da historia: dende Altamira ata a arte urbana
- ECOBAS Quiz
- Que son as “nanocousas”?
- Descobre connosco a vida no solo
- Xeotecnoloxías aplicadas
- Achégate ás telecomunicacións
- Novas tecnoloxías para a enxeñaría
- Microplásticos no medio mariño
- Un arco da vella baixo o mar
- Charlas no Edificio Redeiras. Dende as 18.00 horas
- As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais
- A Estatística e o azar nas probas da covid-19
- Cantos buracos ten unha camiseta?
- Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais
- Atúns fantásticos e onde atopalos