Chega de Islandia unha borrasca con frío e choiva sobre Galicia

As baixas presións ocupan o país e ata mediados da vindeira semana non volverá o anticiclón no remate da primavera

A primavera chega ao seu remate deixando en Galicia un tempo propio de meses atrás. Porque, tras varios días baixo a influencia do anticiclón das Azores, chega dende Islandia unha borrasca que vai deixar o país baixo fortes choivas e vento, cun panorama máis propio do final do inverno aínda que con temperaturas mornas.

A masa de aire frío chega coas baixas presións case formando unha cicloxénese explosiva que vai situarse sobre o Cantábrico e na Bretaña, para desprazarse sobre Galicia deixando ventos do noroeste e varrendo o país de Oeste a Leste.

Publicidade

Os modelos atmosféricos indican que o xoves chegarán as choivas a Galicia de xeito xeralizado, acompañadas dunha baixa significativa das temperaturas. O venres, a xornada será aínda máis complicada polas fortes precipitacións. E a situación continuará ata mediados da vindeira semana, cando o anticiclón comezará a recuperar terreo para paseniñamente devolvernos a unha situación máis propia do mes de xuño e da inminente chegada do verán.

Despois dunha tempada de sol e calor, con temperaturas anómalas mesmo para esta época, cunha media de tres graos por riba do habitual, volve a choiva a Galicia e chega dende Islandia con esta borrasca.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía