Sanidade eleva as restricións en 37 concellos no día con máis positivos das últimas semanas

Catro concellos (A Pobra do Caramiñal, Cualedro, Carballeda de Valdeorras e O Grove) quedan con peche perimetral, e outros 33, en nivel alto ou medio

No día no que entran en vigor as medidas que supoñen en Galicia un novo paso na ‘desescalada’ despois da terceira onda da Covid-19, o subcomité clínico anunciou que 37 concellos terán restricións máis elevadas por mor da maior incidencia de casos neles. A decisión tómase, ademais, no día con máis novos casos detectados das últimas semanas, con arredor de 200, despois dunha ‘chaira’ na que os positivos situábanse na contorna dos 150.

Así, serán catro os concellos co nivel máximo de restricións. En Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, O Grove e Cualedro establécese o peche perimetral, que supón ademais a prohibición de reunións con persoas non conviventes e o peche da hostalaría.

Publicidade

Outros nove concellos (Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre), quedarán en nivel alto, o que supón o peche do interior dos locais da hostalaría e a capacidade máxima do 50% no exterior, ademais doutra serie de medidas contempladas na normativa que entrou en vigor a medianoite do venres 16 (máis información aquí). Nestes municipios, como nos que se sitúan nos niveis medio e medio-baixo, rexe tamén a limitación de reunión de 4 persoas en espazos pechados e 6 ao aire libre.

No nivel medio estarán O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Os establecementos de hostalaría só poderán abrir ao 30% no interior e 50% no exterior.

Publicidade

O resto de concellos galegos (276), quedan no nivel medio-baixo. Neles, a hostalaría poderá ter un 50% de capacidade no interior e 75% no exterior.

As medidas entrarán en vigor na medianoite do domingo 18 ao luns 19 de abril, despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cribados

Ademais, a Consellería de Sanidade informou de que nesta fin de semana continuará desenvolvendo cribados poboacionais en varias localidades para conter posibles cadeas de transmisión ocultas. Desde o pasado luns estanse a tomar mostras de máis de 10.000 persoas de entre 20 e 40 anos na cidade da Coruña. Nesta fin de semana convocaranse tamén a 3000 persoas en Cambre de entre 40 e 59 anos, 900 veciños e veciñas do Concello de Rois, con idades comprendidas entre 40 e 54 anos, serán chamados á realización de test de antíxenos, preto de 3.600 persoas, de entre 18 e 74 anos, nos concellos dos concellos do Barco, Cualedro e Rubiá, 3.100 persoas do concello de Vilanova de Arousa, 4000 cidadáns e cidadás de Vigo de entre 16 e 35 anos, 400 persoas no Concello de Meira e 400 no municipio de Ortigueira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia