Martes 5 Decembro 2023

O Goberno fixa as catro fases da saída do confinamento

O proceso durará entre seis e oito semanas, non haberá mobilidade entre provincias e cada paso estará pendente da evolución da pandemia

Comeza este fin de semana a saída do confinamento e das medidas extremas ante a pandemia do coronavirus. O proceso terá catro fases e durará entre seis e oito semanas, sempre e cando non se produza un retroceso na evolución favorable da crise. Ademais, estará restrinxida a mobilidade entre provincias. Cada fase durará un mínimo de dúas semanas. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou as medidas, que se concretarán con detalle no BOE.

“A volta á desescalada será gradual e a unidade será a provincia ou a illa”, explicou Sánchez: “Non haberá mobilidade entre provincias e illas ata lograr a normalidade”.

Haberá catro fases e a primeira, chamada ‘fase 0′, é a de preparación, na que xa nos atopamos tras os primeiros permisos para pasear destinados aos menores de 14 anos.

“Na ‘fase 0’ abriranse pequenas físgoas de actividade económica: a apertura de locais con cita previa”, dixo Sánchez, quen puxo como exemplo os restaurantes para recoller comida a domicilio: “Tamén os adestramentos profesionais e individuais”.

“A seguinte fase é a fase 1 ou inicial, permitirá o inicio parcial do pequeno comercio baixo estritas medidas de seguridade, excepto os grandes centros comerciais, onde poden producirse grandes aglomeracións”. Engadiu que na fase 1 comezarán a abrir os hoteis e aloxamentos turísticos, “excluíndo zonas comúns”. Ademais, haberá un “horario preferente para os maiores de 65 anos” nos comercios de proximidade. Tamén volverán de xeito tímido os deportes profesionais, permitindo o adestramento en ligas profesionais. No transporte público, o uso da máscara estará altamente recomendado”.

“A finais de xuño estaremos na nova normalidade”, dixo o presidente

“Na fase dúas abrirase o espazo interior dos locais de restauración para o servizo de mesas. Establecemos algunhas excepcións para reabrir centros educativos con tres propósitos: actividades de reforzo, garantir que os nenos menores de seis anos poidan acudir aos centros se os pais teñen que acudir a traballar e para realizar a EBAU [selectividade]”, explicou Sánchez.

Ademais, engadiu o presidente do Goberno: “Poderanse realizar actos culturais con menos de 50 persoas en lugares de aforo, e ao aire libre terá que ser con menos de 400 persoas a condición de que estean sentadas”.

A fase terceira é a fase avanzada: unha vez que se cumpran os marcadores requiridos, limitaranse as restricións de mobilidade. Sánchez engadiu: “En restauración limitaranse algo máis as restricións de aforo, pero con estrita separación entre o público”.

Cada unha das fases estár separada por dúas semanas, porque é o tempo de incubación do coronavirus e permitirá monitorar se se está a producir unha escalada de casos que teña que cortar ou reverter a apertura. Con estes cálculos, Sánchez explicou que a volta ‘á nova normalidade’ durará entre seis semanas e dous meses. “A finais de xuño estaremos na nova normalidade”, concluíu o presidente do Goberno.

3 COMENTÁRIOS

  1. Hola! Tengo a mi padre con 72 y está solo y en otra provincia a 120 km de mi. A quién tengo que pedir permiso para ir a cuidarlo si le da ácido úrico o una lumbalgia que es lo habitual? Graciasss

  2. Tengo un viaje a Cádiz el 11 de junio y el billete de avión ya quitado hace 5 meses, podré realizar dicho Viaje?. Gracias.

  3. La circulación entre localidades? El uso del veviculo? A quién tengo que pedir permiso si un familiar que vive solo en un pueblo de otra provincia y tiene 92 años se pone enfermo y tengo qye ir a junto de él? Es un tío nuestro y somos su única familia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Identificadas 51 rexións xenómicas responsables da severidade da covid

O catedrático da USC Ángel Carracedo participa na actualización do mapa xenético do SARS-CoV-2, que engade 28 rexións ás detectadas en 2021

Un estudo da USC valida a eficiencia de ChatGPT fronte aos mitos sobre as vacinas contra a covid

Investigadores galegos analizan as respostas do popular chatbot fronte ás crenzas falsas máis estendidas sobre o coronavirus en redes sociais

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios