O 2021 comeza cargado de neve e frío en Galicia

As folerpas apareceron en boa parte do interior do país, e MeteoGalicia mantén activo un aviso por baixas temperaturas, inferiores a -6ºC

A chegada de 2021 concidiu no territorio galego cun episodio de baixas temperaturas e precipitación que, en boa parte do interior, caeron en forma de neve. Así, despois de nevaradas xa importantes en zonas altas durante a fin de semana, as serras orientais e outros puntos elevados amenceron cubertos dunha capa branca. É a antesala dun temporal que se prolongará durante os vindeiros días, e que será máis intenso no centro e leste da península ibérica, con importantes acumulacións de neve.

Así, a entrada dunha baixa desde o Golfo de Biscaia, cargada con aire moi frío, está a provocar temperaturas mínimas de ata -6,5ºC en Cabeza de Manzaneda ou Lardeira (Carballeda de Valdeorras) e acumulacións importantes de neve nas serras do Macizo Central Ourensán, O Courel, Ancares, Xistral ou Faro. Este escenario levou a MeteoGalicia a activar o nivel amarelo por baixas temperaturas en boa parte da provincia de Ourense e a montaña de Lugo, xa que se poderán volver a acadar na madrugada do luns ao martes os -6ºC.

Publicidade

Con todo, Galicia non levará a peor parte do primeiro temporal de neve de 2021 na península. O martes, a zona noroccidental quedará nunha zona intermedia entre altas e baixas presións. Manterase o frío pero, a medida que avance o día e se disipen as néboas, os ceos estarán despexados no sur do territorio galego, e con nubes e claros no norte. Porén, en zonas altas da Coruña e Lugo, onde poden caer chubascos illados, poderá verse aínda neve por riba dos 500 metros. Manterase, iso si, unha sensación xeral de frío, xa que só se superarán os 10ºC de máxima en puntos do suroeste do país.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro