As mortes por coronavirus soben a 567 nas últimas 24 horas

O balance é de 18.056 falecidos, 172.541 contaxios e 67.504 recuperados

Os falecidos por coronavirus diarios en España crece de novo ata 567. Os novos contagios, 3.045, supoñen un 1,8% máis respecto a onte, a cifra máis baixa desde o comezo da crise sanitaria. Segundo Sanidade, o balance é de 18.056 falecidos, 172.541 contaxios e 67.504 recuperados

A pandemia de coronavirus afectou xa a máis de 1,9 millóns de persoas no mundo, das cales preto de 120.000 faleceron, segundo a Universidade Johns Hopkins. Estados Unidos, con 582.000 contaxios e case 24.000 mortos, é o país do mundo máis afectado pola enfermidade. España conserva a segunda posición por número de contagios, seguida por Italia, que contabiliza 159.516 persoas contaxiadas e 20.465 vítimas mortais por Covid-19.

Publicidade

Evolución da curva de positivos por coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Alemaña volve rexistrar hoxe un descenso de contagios, cun incremento menor do 2%. O instituto Robert Koch amosouse este martes cauteloso e lembrou que os días de festa, nos que se reduce o número de test poden distorsionar as cifras da evolución da propagación. En total, hai 125.098 positivos, e 2.082 casos máis nas últimas 24 horas. Máis da metade de infectados con coronavirus en Alemaña -68.200- xa están curados. O total de mortos ascende a 2.969, o que supón 170 máis que o día anterior e que representa unha taxa de mortalidade do 2,4%,

A India estende o confinamento para frear o coronavirus ata o 3 de maio. Os 1.300 millóns de habitantes do país continuarán confinados ata o 3 de maio para frear o coronavirus, anunciou este martes o primeiro ministro, Narendra Modi, mentres o país superou os 10.000 casos de Covid-19 e alcanzou as 339 mortes.

Publicidade

China sufriu unha das maiores subas diarias de Covid-19 dos últimos días. Segundo cifras oficiais, onte detectáronse 143 novos casos, 86 deles (60%) importados. Unha maioría destes últimos responden a traballadores chineses que regresan desde Rusia.

México acumula ata este luns 5.014 casos confirmados e 332 mortes, segundo o último parte das autoridades. Xa se rompeu a barreira dos 5.000 diagnósticos positivos e das 300 mortes. As autoridades mexicanas sinalan que 84 defuncións aínda están pendentes de diagnóstico de coronavirus.

Mapa de positivos por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade