Máximas restricións na Pobra do Caramiñal e O Grove a partir do venres

O comité clínico propón tamén situar en nivel alto á Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral e en medo a outros 11 concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, reunido na tarde do martes, propuxo que se decrete o nivel  máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove. A medida supón o peche perimetral individual e dos locais de hostalaría, ademais da prohibición de reunións con persoas non conviventes. Estas dúas vilas rexistraron nos últimos días importantes brotes que situaron a incidencia a 7 e 14 días por riba dos 250 casos/100000 habitantes. Na Pobra notificáronse 31 casos nos últimos 7 días (33 desde hai dúas semanas), e no Grove foron 34 na última semana (40 a 14 días).

Ademais, na reunión estableceuse o nivel alto de restricións en seis concellos galegos: A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa de Arousa e Carral. Neles a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior.

Publicidade

Outros 11 (Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona), estarán no nivel medio. As reunións con non conviventes, no mesmo caso que nos tres niveis de menores limitacións, permitiranse sempre que non sexa no domicilio, con catro persoas en espazos interiores e seis en exteriores.

O resto dos municipios, 294, quedarán no nivel medio-baixo polo que estarán permitidas as reunións en espazos públicos e locais de hostalaría, entre outros, de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, e a hostalaría poderá abrir ao 50% no interior e 75% no exterior ata as 21 horas.

Publicidade

No tocante ás reunións en espazos privados, Sanidade anunciou este mércores que, como estaba previsto, volveranse permitir as reunións de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, agás nos concellos en nivel máximo. A limitación neste aspecto dos encontros a conviventes quedará sen efecto este venres 9. Do mesmo xeito, rexe o confinamento nocturno de 22 a 6 horas e o peche perimetral da comunidade autónoma.

A Consellería de Sanidade ofrecerá máis detalles este mércores nunha rolda de prensa, e as medidas avanzadas o martes entrarán en vigor na medianoite deste mércores ao xoves, no caso das limitacións por concellos.

Así queda o mapa:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel