Galicia supera as 1.000 mortes por Covid-19

A notificación de 21 falecementos na xornada do luns, na que segue medrando a ocupación nos hospitais, fai superar o limiar do millar

A pandemia da Covid-19 acadou este luns en Galicia unha cifra que dá conta da magnitude do agravamento na segunda onda. Contra a noite, a Consellería de Sanidade notificou 21 novos falecementos, algúns deles acontecidos durante a fin de semana, que elevan a cifra total ás 1.009 que perderon a vida pola infección do coronavirus SARS-CoV-2, e que en boa parte dos casos agravou patoloxías que complicaron a súa evolución ata acabar causándolles a morte. Arredor de 430 destas persoas eran usuarias de residencias de maiores, espazos moi afectados pola pandemia en Galicia e en España, onde miles de anciáns faleceron nestes centros. Ata agora, a segunda onda, que en Galicia cobrou a primeira morte a comezos de agosto, suma 390 falecementos, fronte aos 619 da primeira, entre comezos de marzo e mediados de xuño.

Na xornada do luns, segundo os datos da Xunta de Galicia, subiu tamén a ocupación nos hospitais, o que apunta a que se manterán aínda días complicados, xa que se acadaron máximos na segunda onda, con 94 persoas na UCI e 511 noutras unidades de hospitalización afectadas pola Covid-19.

Publicidade

Os casos activos redúcense de novo, aínda que se manteñen por riba dos 10.000, con máis de 1.000 en cada unha das sete áreas sanitarias. A cifra redúcese por dous motivos principais: a notificación de menos positivos nos últimos días (que se pode deber, en parte á menor realización de probas na fin de semana, aínda que a positividade se mantén entre o 7 e o 8%); e, por outra banda, a curación de persoas diagnosticadas en semanas anteriores que, unha vez superada a infección, deixan de figurar nesta listaxe. Así foi a evolución en canto a este indicador.

 

No referente aos novos casos, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Ourense, rexistran un descenso no número de novos positivos confirmados por PCR na última semana, segundo constatan as cifras difundidas diariamente pola Xunta de Galicia. Lugo e Pontevedra parecen frear o aumento de novos casos, que en Vigo, aínda que se estabiliza, amosa unha incidencia maior. No caso da Coruña, aínda non se percibe, pola contra, o freo que se observa no resto de áreas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Do túmulo neolítico de Chousa Vella á foxa medieval de Fontenla: un proxecto afina o pasado arqueolóxico de Galicia

Unha investigación da Xunta de Galicia e o Incipit analiza 33 mostras para determinar a súa antigüidade a través da proba do carbono 14