Tres días seguidos sen mortes por Covid-19 en Galicia por primeira vez desde marzo

O Ministerio de Sanidade informa de 9 novos positivos, 130 altas e un descenso de casos activos ata os 1.063

Os datos difundidos este mércores polo Ministerio de Sanidad e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade amosan que, por terceiro día consecutivo, o martes non se produciu ningún falecemento por mor do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia (aínda que na mañá do día 20 se notificou unha morte que se incluirá nos datos do xoves). As mortes diarias en España foron 95, manténdose un día máis por baixo dos 100. En canto aos novos positivos, Galicia notificou 9 novos casos mediante proba PCR, e outras 130 persoas máis superaron a infección. A incidencia acumulada das últimas dúas semanas segue baixando en Galicia. A cifra é, segundo a actualización do mércores, de 6,15 casos/100.000 habitantes, fronte ao 17,49 da media de España.

Casos activos

En canto aos casos activos,  hai 1.063 segundo a última información de Sanidade. 285 están na área da Coruña-Cee, 69 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 171 na de Ourense-Verín-O Barco, 51 na de Pontevedra-Salnés, 290 na área de Vigo, 168 na de Santiago-Barbanza e 29 na de Ferrol. As cifras baixan en todas as áreas agás en Coruña, onde nos últimos dous días a cifra subiu en nove persoasda. Así está a situación:

Publicidade

En canto á situación nos hospitais, actualmente hai 16 persoas na UCI e 79 noutras unidades, (95 en total). Nas últimas horas (sen ter en conta as altas) rexistráronse catro ingresos nos hospitais e dous na UCI, polos datos que indica o Ministerio de Sanidad. O resto das persoas que estaban consideradas casos activos na noite do domingo, 968 (un 91,06% do total), están no domicilio. Son menos de 1.000 por primeira vez desde o 24 de marzo. Así evolucionou a situación nos hospitais:

E así se amosa a evolución do total de casos detectados:

Publicidade

Destes casos activos, 225 están vinculados a residencias de maiores e centros de discapacidade (125 usuarios e 100 profesionais). Son o 21,16% os afectados por Covid-19 en Galicia. No referido aos falecementos, a cifra de óbitos por Covid-19 mantense en 607, dos que 271 foron usuarios de residencias de maiores (44,64%). A suma dunha persoa nos óbitos das residencias débese, segundo o Sergas, a que unha das mortes rexistradas en hospital procedente dunha residencia xa estaba incluída no cómputo global, e por tanto se pasa ao número de usuarios de residencias falecidos en hospital.

Probas diagnósticas

En canto ás probas realizadas, Sanidade informou de que se levan feitas 128.856 PCR, 1.497 máis có luns. A mínima cifra de positivos respecto ao total de probas realizadas é outro dos sinais optimistas sobre a evolución da pandemia, polo menos a curto prazo. Este mércores (día no que se recollen os datos do luns), só 9 persoas foron diagnosticadas a través desta técnica, a máis ‘fiable’ para confirmar a infección. A elas hai que sumar outros 58 positivos por por tests de anticorpos có martes segundo Sanidad. Porén, estas infeccións non se corresponden necesariamente con casos novos, xa que a serie estase actualizando diariamente tendo en conta diversos detalles sobre cada un dos positivos confirmados. É dicir, os positivos de anticorpos poden corresponderse con persoas que estean curadas desde hai tempo pero agora se coñeza a súa infección debido á realización do test.

Desde o comezo da crise, diagnosticáronse en Galicia 11.081 positivos por Covid-19. Deles, 9.067 detectáronse mediante PCR e 2.024 por tests de anticorpos. Con todo, estes números sempre se corresponden co cumio da pirámide de persoas afectadas, é dicir, óbvianse aquelas persoas que puideron ter pasada a infección pero non lles foi realizada unha análise para confirmalo. Neste sentido cobran relevancia os resultados preliminares dos estudos de seroprevalencia da Xunta e o Goberno español, que sitúan entre 30.000 e 60.000 os galegos infectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid