Galicia rexistra outras 13 novas mortes por coronavirus

O número de casos oficiais rexistrados de coronavirus en Galicia ascende a 5.631

O coronavirus suma outras 13 mortes á súa lista de vítimas mortais en Galicia. Segundo comunicou en Sergas, nas últimas horas, faleceron cinco mulleres e catro homes nos centros hospitalarios da comunidade e outras catro persoas nas residencias de maiores. A cifra total de mortos que padecían Covid-19 sitúanse en 318.

Das catro persoas que morreron onte en centros residenciais, un estaba en DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela), outro na residencia A nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras, Ourense), outro na residencia A nosa Señora da Esperanza (Ourense) e un máis na residencia DomusVi Cangas. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais en Galicia representa o 3,5% do número total de residentes.

Publicidade

A Consellería de Sanidade informou hoxe de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631, deles 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos. O número de PCR realizadas é de 39.432.

Publicidade

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento