Luns 29 Abril 2024

Galicia non notifica desde o sábado ningún novo diagnóstico de Covid-19

O Ministerio de Sanidad reduce a 19 os novos casos na última semana, e a Consellería de Sanidade dá conta de 722 casos activos

Desde o pasado sábado, tendo en conta a información e os criterios que achega o Ministerio de Sanidad, Galicia non rexistra ningún novo diagnóstico de Covid-19. É unha das cifras salientables da actualización do luns, na que por primeira vez o Goberno español non engade ningún novo falecemento ás cifras do día previo. Con todo, tal é como explicou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, é posible que algunha comunidade autónoma achegue nos vindeiros días algún falecemento unha vez que se acaben de contrastar os detalles de cada un dos casos de forma individual, tal e como require a nova estratexia de diagnóstico, vixilancia e control da pandemia.

Ademais de non comunicar ningún novo positivo nas últimas 48 horas, Galicia tampouco deu conta de ningún falecido novo, segundo os datos que achega a Consellería de Sanidade, por segundo día consecutivo. Á espera da revisión individual de cada un dos case 240.000 casos detectados en toda España, e que seguirá provocando discrepancias durante uns días na actualización que difunde o Goberno español, a situación de Galicia segue mellorando a máis velocidade cá media estatal. Deste xeito, a incidencia acumulada nos últimos 14 días (casos novos/100.000 habitantes) é en Galicia dun 2,89, a sexta menor (só por detrás de Andalucía, Canarias, Extremadura, Melilla e Murcia), con 78 diagnósticos nestas dúas semanas. No referente aos últimos sete días, Galicia notificou 16 novos positivos, aínda que só 4 deles iniciaron síntomas nesta última semana. Segundo a nova estratexia, considéranse casos os confirmados mediante proba PCR ou ben os detectados con proba serolóxica que detecte anticorpos IgM (os máis temperáns) cando haxa síntomas compatibles coa Covid-19.

Publicidade

Casos activos

No conxunto de Galicia, estase a seguir a 722 persoas como casos activos por coronavirus, segundo a cifra que facilita a Consellería de Sanidade. Delas 162 están na área da Coruña-Cee, 40 son da de Lugo-A Mariña-Monforte, 75 da de Ourense-Verín-O Barco, 28 da de Pontevedra-Salnés, 262 da de Vigo, 142 da de Santiago-Barbanza, e 21 da de Ferrol.


A ocupación dos hospitais é menor que o 13 de marzo, o día que se anunciou o estado de alarma. Só dúas persoas están ingresadas na UCI, e outras 32 están noutras unidades de hospitalización. O resto de pacientes, 688, é dicir, máis do 95% dos casos activos están atendidos no domicilio. Ademais, xa son 9.970 as persoas que foron diagnosticadas de Covid-19 en Galicia e que superaron a infección.

En canto aos falecementos, a Xunta de Galicia dá conta de 616 óbitos, mentres que Sanidad confirma 609 debido a que aínda está realizando a validación de cada caso para corrixir a serie histórica, que o Ministerio actualizará semanalmente.

No referente ás residencias de maiores e centros de discapacidade, seguen activos 81 casos (41 usuarios e 40 profesionais). Desde que comezou a crise, faleceron 273 usuarios destes centros (132 nas propias residencias e 141 en hospitais ou residencias integradas).

Serie de casos

As informacións incompletas sobre a evolución da pandemia por parte da Consellería de Sanidade, así como os diversos cambios de criterio por parte do Ministerio de Sanidad que dificultaron, do mesmo xeito, o seguimento da serie de casos desde o comezo da crise dificultan seguir ao detalle día a día as cifras. Con todo, da suma de casos activos, curacións e falecementos que ofrece Sanidade pode tirarse o total de infeccións por Covid-19 detectadas en Galicia, que ascenderían este luns a 11.308.

Con todo, este dato non é sinónimo de persoas enfermas, xa que só 9.129 delas se contabilizan, segundo o Ministerio de Sanidad, como casos. As outras 2.179 persoas puideron dar positivo por Neste número cóntanse as persoas que ata o 10 de maio deron positivo nunha proba PCR e, a partir dese día, os positivos por PCR ou por anticorpos IgM mediante un test serolóxico (non rápido). Deste xeito, nos últimos días, aínda que Galicia non estea detectando case ningún novo caso, a cifra de infeccións totais segue medrando, toda vez que a validación que está a realizar Sanidad está a incluír positivos detectados pero que non necesariamente se corresponden aos últimos días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia