Protección certificada contra o coronavirus nos concesionarios

A rede de Ford na provincia da Coruña, Gonzacar, recibe o selo de Faconauto validado pola prestixiosa auditora TÜV SÜD

A protección contra o coronavirus é unha prioridade no sector servizos, para garantir a seguridade de clientes e traballadores. Así acontece tamén nun sector estratéxico en Galicia como é o dos concesionarios, nunha economía cun forte sector relacioado coa automoción.

A rede de concesionarios Ford na provincia da Coruña, representada por Gonzacar, vén de obter o selo que garante que todas as súas instalacións están protexidas fronte á ameaza do coronavirus COVID-19. Esta certificación, promovida por Faconauto, a patronal das concesións de vehículos en España, e validade e auditada por TÜV SÜD, prestixiosa empresa provedora de ensaios, certificacións, inspeccións, formación e consultoría con máis de 50 anos de historia, supón un plus de seguridade e saúde tanto para os seus clientes e clientas como para os seus empregados e empregadas.

Publicidade

Desta maneira, Gonzacar, empresa fundada en Santiago de Compostela no ano 1993 e que conta con instalacións na Coruña, Ferrol e Ribeira, ademais da súa central na propia capital de Galicia, adhírese ao protocolo de proteccion e prevención fronte ao coronavirus establecido para as instalacións de venda e servizos técnicos de vehículos para todo o Estado.

A maiores das correspondentes medidas de protección e hixiene implementadas nas súas instalacións, Gonzacar retoma a súa plena actividade empregando a cita previa como premisa indispensable para formalizar a atención dos seus clientes e abrindo, como gran novidade da súa volta á normalidade, un concesionario virtual que permite acceder a todos os seus servizos comodamente, rapidamente e con seguridade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Radiografía da atención sanitaria telefónica: “Os máis novos parecen ter máis dificultades”

Investigadores da UVigo analizan a medida implantada masivamente durante a primeira onda da pandemia de covid-19

Tes covid, alerxia ou catarro? Estas son as diferenzas

A inmunóloga e catedrática da UVigo África González sinala as diferenzas e similitudes dos síntomas que provocan as tres enfermidades

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento