Os enfermos en hospitais galegos baixan en 159 persoas dende o luns

Un total de 910 persoas foron dadas de alta en Galicia, que suma un total de 5.551 contaxios rexistrados oficialmente

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos. O número de PCR realizadas é de 36.799.

Publicidade

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,3% do total das persoas residentes. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. ¿ Quén minte?

    ¿Por qué nos outros xornales ( Voz de Galicia, Correo..etc) di que hai 6.758 contagiados en Galicia e neste pon que hai 5.551?

    • 6.758 son os casos totales detectados dende que empezaron os recontos. 5.551 son os casos activos nistres intres. E decir: os totales – os mortos – o sanados. Se a 6.758 lle restas os mortos (297) e os sanados (910), en datos de onte xoves, verás que da precisamente os activos (551)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur