Forte caída das mortes por coronavirus: 288 en 24 horas

Os contaxios diarios diagnosticados mediante un test PCR son 1.729 e os curados 3.024, para un total de 207.634 infectados confirmados por PCR

Forte caída no número de falecidos diarios en España nas últimas 24 horas: 288. Sanidade confirmou esta cifra, que eleva a 23.190 os mortos. Os contaxios diarios diagnosticados mediante un test PCR son 1.729 e os curados 3.024, para un total de 207.634 infectados confirmados por PCR e 98.732 recuperados. Os sanitarios contaxiados son 37.584.

A cifra é a máis baixa dende hai máis dun mes, aínda que pode estar matizada polo retraso das comunidades autónomas na comunicación dos falecidos durante a fin de semana.

Publicidade

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

China anunciou que Wuhan, a cidade onde se orixinou o brote de coronavirus, xa non ten un só paciente ingresado pola covid-19. No mundo, preto de 2,9 millóns de persoas infectáronse e máis de 203.000 morreron, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Alemaña, o quinto país do mundo con maior número de contagios rexistrados, suma 154.175 casos positivos de coronavirus, segundo os datos do Instituto Robert Koch. Deles, 1.737 foron notificados nas últimas 24 horas. A taxa de mortalidade suma o 3,6%. A cifra de mortos ascende este domingo a 5.640; é dicir 140 persoas máis que o día anterior.

Publicidade

Galicia rexistra 6.824 casos activos e 512 mortes por coronavirus

África pasa os 30.000 contagios e os falecidos superan os 1.300. Máis de 1.300 persoas morreron por coronavirus en todo o continente africano, mentres que o número de contaxios superou outro limiar, o dos 30.000 tras un repunte aproximado do 40% respecto a a semana anterior.

México vén de anunciar 84 novos mortos pola covid-19 polo que o número de total de falecidos aumentou a 1.305.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade