Galicia rexistra 6.824 casos activos e 512 mortes por coronavirus

O número de persoas ingresadas na UCI ascende a 90, tres máis que onte

Lixeiro incremento no número de casos positivos por coronavirus en Galicia nas últimas 24 horas, con 120 máis. O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.824 persoas.

O número de persoas ingresadas na UCI ascende a 90, tres máis que onte. Ademais, segundo informa a Consellería de Sanidade, aumentou o número de recuperados que, con 53 novas altas suman xa 1.783.

Publicidade

Os falecidos ata esta hora elévanse a 512. Por áreas sanitarias, o maior número de persoas que deron positivo nas probas son a da Coruña, 1.629; e séguenlle as de Ourense, 1.299; Vigo, 1.211; Santiago, 1.055; Lugo, 662; Pontevedra, 568; e 400 en Ferrol. Aumentaron os casos en todas, excepto nas de Santiago e Ourense. Na comunidade efectuáronse 82.993 probas PCR para tratar de diagnosticar a infeccion polo SARS-CoV-2.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur