378 novas mortes por coronavirus en España en 24 horas

Son 22.902 as persoas que perderon a vida desde o inicio da pandemia, cunha lixeira subida respecto a onte (367 mortos)

España rexistra 378 novos falecidos por coronavirus, polo que xa son 22.902 as persoas que perderon a vida desde o inicio da pandemia, e sofre unha lixeira subida respecto a onte (367 mortos). Os contaxios diarios diagnosticados mediante un test PCR son 2.944 e os curados 3.353, para un total de 223.759 infectados e 95.708 recuperados.

2,8 millóns de persoas infectáronse e 197.006 morreron no mundo pola pandemia de coronavirus. Estados Unidos suma xa 51.017 mortos, unha cuarta parte dos falecidos no planeta. Ademais, ese país alcanza 890.524 contaxios, un de cada tres a nivel mundial, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Italia informou o venres de 420 novas mortes, a menor cifra desde o 17 de marzo, e xa faleceron 25.969 persoas no país, mentres que se detectaron 3.021 contagios máis para un total de 192.994 infectados. Francia rexistrou 305 falecementos en hospitais, unha das cifras máis baixas en semanas, e o país alcanza 22.245 persoas mortas.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Estados Unidos superou o venres as 50.000 mortes a causa do coronavirus, cifra que dobra as estatísticas de Italia, no medio dunhas polémicas declaracións do presidente Donald Trump nas que suxeriu o uso de desinfectantes para tratar a covid-19. O mesmo día no que o estado de Xeorxia se converteu nun dos primeiros en reabrir parcialmente a súa actividade económica despois do confinamento.

Publicidade

Alemaña rexistra este sábado 152.438 casos positivos por coronavirus, segundo os datos publicados polo instituto Robert Koch. Nas últimas 24 horas rexistráronse 2.055 novos casos. Hai un total de 5.500 persoas mortas, 179 máis que o día anterior. As cifras oficiais rexistran ademais 109.800 persoas que xa superaron a covid-19, o que supón máis da metade dos infectados.

A ocupación pola Covid-19 nas UCIs galegas baixa por 13º día seguido

En China, as autoridades sanitarias reportaron este sábado 12 novos casos da covid-19. Son seis casos máis que na véspera e foron 11 denominados como importados. Con todo, o país asiático non rexistrou ningunha morte. A cifra total de falecementos é de 4.632.

México rexistra este venres 12.872 casos positivos de coronavirus, 1.239 casos máis que o xoves. O país latinoamericano, que prevé dobrar a súa curva para a segunda semana de maio, sumou 152 mortes nas últimas 24 horas e a cifra de falecementos desde que comezou a pandemia alcanzou as 1.221.

Brasil superou os 50.000 contaxios, a maior cifra na rexión. O epicentro latinoamericano está nete país, que alcanza os 52.995 contagios e chega aos 3.407 decesos.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade