Este venres e sábado o número de persoas curadas diarias en España superou ao de persoas contaxiadas. Son uns datos que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, salientou hoxe para anunciar as primeiras medidas de desconfinamento, que comezan este domingo 26 de abril coa saída dos menores de 14 anos durante unha hora, ata un quilómetro das súas vivendas e acompañados de adultos. E que terán a seguinte etapa o vindeiro día 2 de maio, cando se permitirá saír de casa para pasear ou practicar deporte ao aire libre.
“A partir do 2 de maio poderase saír para facer deporte de xeito individual ou saír a pasear coa persoa coa que convivimos. Se a evolución da epidemia é favorable como ata o de agora”, explicou Sánchez. As saídas para pasear ou facer deporte serán individuais ou na compaña de persoas coas que se conviva.
O vindeiro martes 28 de abril o Goberno ten previsto aprobar un ‘plan de desescalada’, que seguirá o ‘principio de prudencia’ e os informes dos expertos. Pedro Sánchez salientou na súa comparecencia que “o reforzo das capacidades sanitarias é fundamental, e tamén ter información precisa da epidemia, o rastrexo das fontes de contaxio e o seguimento rigoroso das normas de hixiene e de distanciamento social“. “Quero ser moi claro neste punto, debemos ser moi prudentes porque non hai un manual, unha folla de ruta. Non hai ningún país que completase o desescalado cara a unha nova normalidade”, dixo o presidente.
“O plan de desescalada durará todo o mes de maio e será gradual”
Ademais, anunciou que a mediados de maio a desescalada estará en marcha, que será coordinada polo Goberno do Estado e que, en caso dun repunte da pandemia, poderá ser reversible.
“O plan de desescalada durará todo o mes de maio e, en principio, veremos o que pasa co mes de xuño , manifestou Sánchez: “Gustaríame trasladarlles a importancia de ser cautelosos, isto non é unha carreira para ver quen abre primeiro un centro comercial ou un pequeno comercio”.
O presidente de Goberno salientou tres criterios: “A gradualidade, as distintas actividades que se van ir recuperando nas vindeiras semanas, non van ser todas á vez. A territorialidade, como consecuencia da evolución da enfermidade no territorio. E, finalmente, a coordinación, que é fundamental, do Goberno coas comunidades autónomas e das comunidades coas deputacións e os concellos”.
Lo importante para detener la epidemia es encontar el medicamento.Estos es verdad de perogrullo. Volveremos a la normalidad cuando se detenga al patógeno. No debemos incurrir en errores socio económicos.¿Para qué?