A Xunta levanta o peche perimetral de Galicia e o confinamento nocturno

O comité clínico acorda que estas restricións se levantarán na maior parte do territorio, agás nos cinco concellos en nivel máximo

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia acordou este xoves que, a partir da medianoite do sábado 8 ao domingo 9, levantarse o confinamento nocturno en case toda Galicia. Agás os concellos en nivel máximo (Cambados, Cualedro, Laza, Vilanova de Arousa e Padrón), estará permitida a libre circulación as 24 horas. Tamén se levanta o peche perimetral da comunidade e amplíanse os horarios na hostalaría.


14.59

Publicidade

Vacinación: Avanzouse na inxección con AstraZeneca no grupo de 60 a 65 anos e con Pfizer-BioNTech ao grupo 65-69. Está previsto comezar canto antes co grupo de persoas menores de 60 anos.


14.42

Publicidade

Residencias: os maiores poderán pasar días coas súas familias, durante un mínimo de cinco días. Á volta realizarase unha PCR ou proba de antíxenos. Permítese un máximo de cinco saídas por semana de ata 4 horas cada unha. Permitirase tamén o contacto físico entre familias e persoas usuarias.


14.40

Nivel máximo: Cambados, Cualedro, Laza, Vilanova de Arousa e Padrón. Mantense o confinamento nocturno, hostalaría pechada e peche perimetral, ademais da prohibición de reunión das persoas non conviventes.

Nivel alto: A Merca, Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha. Permítese a mobilidade, sen confinamento nocturno, e rexerán outras limitacións vixentes ata agora neste nivel. Isto é: hostalaría só aberta no exterior ao 50% e limitación de reunión a 4 persoas en interiores e 6 en exteriores.

Nivel medio: Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tomiño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Ames, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. hostalaría aberta ao 30% no interior e exterior ao 50% e limitación de reunión a 4 persoas en interiores e 6 en exteriores.

Nivel medio-baixo: o resto de municipios (271 concellos). As medidas son semellantes ás actuais, agás no levantamento do confinamento nocturno: a hostalaría abrirá ao 50% no interior e 75% no exterior e as reunións restrínxense a 4 persoas en interiores e 6 en exteriores.


14.31

Prohibición de reunións con persoas non conviventes en domicilios entre a 1 e as 6 da madrugada, de contar coa aval xudicial.


14.30

Hostalaría: bares e cafeterías ata as 23 horas; restaurantes ata a 1 da madrugada. Neste caso deben reservarse con cita previa, con rexistro de clientes.


14.28

O confinamento nocturno levantarase na medianoite do sábado ao domingo.


14.27

O comité clínico propón que se manteña o peche perimetral nos concellos con incidencias máis elevadas e que se manteña neles o confinamento nocturno. A decisión queda pendente, advirte Feijoo, da autorización dos tribunais.


14.26

Feijoo anuncia o levantamento do peche perimetral en Galicia como consecuencia do levantamento do estado de alarma. Mantense o rexistro de viaxeiros, coa posibilidade de facer probas diagnósticas e amosar o certificado de vacinación. Continuarán os cribados nos aeroportos.


14.23

Os ingresados maiores de 80 anos, cunha ampla cobertura de vacinación, representan apenas un 6% das novas hospitalizacións.


14.22

Feijoo avanza que todas as persoas maiores de 60 anos terán polo menos unha dose da vacina a semana que vén.


14.20

“Ao longo desta semana esperamos ter dispensadas vacinas a máis de 245.000 persoas”.


14.19

“Estamos nunha nova fase, mellor da que había hai meses, que non pode conducirnos a un optimismo desaforado. Si nos debe conducir a unha fundada esperanza”. “Sería un erro pensar que na madrugada do sábado ao domingo a pandemia rematou”.


14.17

“A variante india é a que máis preocupa á comunidade científica. Semella que ten unha moi alta contaxiosidade”. “Hai unha incerteza sanitaria latente”.


14.15

Feijoo avanza que os bares poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes, ata a 1 da madrugada.


14.10

Alberto Núñez Feijoo: “O obxectivo é que os contaxios non interrompan a vida económica e social”.


14.05

Comeza a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia.


13.55

Galicia, xunto a todo o territorio estatal, afronta os últimos días co estado de alarma decretado por mor da pandemia da Covid-19, en vigor desde outubro de 2020. O avance da campaña da vacinación e a estabilización da pandemia, que leva semanas por baixo dos 100 casos/100.000 habitantes na comunidade, levan á Xunta a establecer novas decisións para avanzar cara a chamada ‘nova normalidade’, ao tempo que se manteñen as medidas de prevención e protección co obxectivo de evitar repuntas na transmisión do SARS-CoV-2. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comparece esta mañá para anunciar estas decisións.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel