Medran os casos activos en Galicia, co 92% dos pacientes no domicilio

O Ministerio de Sanidad informa de 32 novos casos confirmados con PCR e 87 "infeccións resoltas", con aumento das cifras en Vigo, Santiago e Pontevedra

Segundo os datos pechados na noite do venres, Galicia conta con 2.758 casos activos de Covid-19 (31 máis ca onte), tal e como informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. O Ministerio de Sanidad detallou 32 novos positivos confirmados a través de proba PCR e 87 “infeccións resoltas”. A incidencia acumulada dos últimos 14 días en Galicia (33,01) sitúase por primeira vez nunha semana por debaixo da media española (34,51).

Casos activos

Das persoas que actualmente están pasando a infección, 650 están na área da Coruña-Cee, 166 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 426 na de Ourense-Verín-O Barco, 147 na de Pontevedra-Salnés, 754 na área de Vigo, 500 na de Santiago-Barbanza e 115 na de Ferrol. En relación á información anterior, subiron as cifras en Pontevedra, Vigo e Santiago, e baixaron nas outras catro áreas. Así está a situación:

Publicidade

A pesar do aumento de casos activos, a cifra de persoas nos hospitais segue baixando, e as persoas atendidas no domicilio son xa máis do 92% do total. Son, en concreto, 2.551. No referido aos centros hospitalarios, 24 persoas (onte eran 26) permanecen en UCI e 183 (196 onte) están en unidades de hospitalización. O Ministerio detalla que, alén das altas concedidas, onte producíronse 19 ingresos en hospitais galegos, 2 deles en UCI. As “curacións” son xa 7.225, un 68,33% de todas as persoas que se infectaron. Nesta cifra están incluídas todas as cualificadas como “infeccións resoltas” por parte do Ministerio de Sanidad. Segundo os criterios marcados desde o Goberno, introdúcense nesta cifra, ademais das altas por curación, aos pacientes que, por exemplo, dan negativo nunha proba PCR do coronavirus despois de ser positivo, aínda que poidan seguir ingresados no hospital. Nestas infeccións resoltas tamén se inclúen, tal e como aclara o propio Ministerio, os casos de persoas, como os positivos en tests de anticorpos, aos que se lles fixo unha proba serolóxica e non se puido evidenciar un momento da enfermidade.

A Xunta de Galicia informou tamén do número de PCR realizadas, que é de 113.167, 1.567 máis có venres. Por esta vía detectáronse 9.216 casos desde o comezo da crise. En canto aos positivos por anticorpos (que non son necesariamente persoas con síntomas da enfermidade ou con infección en curso), Galicia notificou onte ao Ministerio de Sanidad 89 novos casos, para un total de 1.358. En total, ambos métodos de detección confirmaron que 10.574 persoas contraeron a infección en Galicia.

Publicidade

Producíronse 3 novos falecementos, un deles, usuario dunha residencia de maiores. Desde o comezo da crise morreron 591 persoas con Covid-19 en Galicia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla