O galego César de la Fuente, mellor investigador novo nos Estados Unidos

A prestixiosa American Chemical Society concédelle ao científico coruñés un galardón polo estudo de enfermidades infecciosas

César de la Fuente, nunha conferencia impartida en 2019. Foto: MIT.
César de la Fuente, nunha conferencia impartida en 2019. Foto: MIT.

A recoñecida institución American Chemical Society (ACS) acaba de concederlle ao científico César de la Fuente Núñez (A Coruña, 1986) o Premio aos Novos Investigadores que outorga a súa revista ACS Infectious Diseases, especializada no estudo de enfermidades infecciosas. De la Fuente, que na actualidade traballa na Universidade de Pennsylvania, onde dirixe un laboratorio especializado no estudo das resistencias a antibióticos desde o punto de vista da bioenxeñaría, recibiu nos últimos anos diversos galardóns polas súas investigacións do que vai ser un dos principais problemas de saúde pública nas vindeiras décadas.

Nunha entrevista con ACS, De la Fuente manifesta a súa alegría polo galardón, e fai un percorrido pola súa traxectoria, desde a súa graduación en Biotecnoloxía pola Universidade de León ata o doutoramento o laboratorio do doutor Robert Hancock, na Universidade de British Columbia, en Vancouver Canadá, onde se especializou no descubrimento de novas terapias para o o tratamento das infeccións bacterianas. Tamén traballou no MIT, un dos centros de investigacións punteiros do planeta. “Sempre me fascinou o mundo que tiña arredor e preocupeime profundamente por axudar aos demais”, resume sobre a súa vocación.

Entre os seus achados máis ilusionantes, explica De la Fuente, está “o descubrimento de que os antibióticos podían ser descubertos e deseñados usando computadoras“. E entre as súas arelas, o científico coruñés expón que ten o desexo de crear “a primeira clase de antibióticos feitos a partir de ordenadores”.

Nunha entrevista con GCiencia en xullo de 2019, o investigador explicaba o seu traballo e as súas motivacións:

César de la Fuente: “No 2050, as superbacterias poderían ser a maior causa de morte”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.