Os casos activos de Covid-19 baixan un 43% nos últimos catro días en Galicia

A ocupación pola pandemia nos hospitais galegos cae a niveis de hai dous meses, e os novos casos notificados están por debaixo da vintena

Os datos recollidos polo Ministerio de Sanidad e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade constatan en Galicia a mínima circulación actual do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, canto menos en canto ao seguimento realizado polas autoridades sanitarias. Por cuarto día seguido, os novos casos confirmados mediante proba PCR non superan a decena. Segundo a última actualización do Ministerio (que este luns comezou a difundir a súa actualización diaria ás 17 horas, con datos consolidados á medianoite do día anterior, para facilitar o contraste dos mesmos durante a mañá), confirmáronse cinco novos casos de Covid-19 en Galicia. Ademais, no referente ás altas (epidemiolóxicas, hospitalarias e domiciliarias), xa son 9.204 as persoas que superaron a doenza en Galicia, do total de 10.982 infeccións confirmadas. Máis de 1.000 destas altas concedéronse nos últimos catro días.

Casos activos

En canto aos casos activos, a nova concesión de altas fixo baixar de forma notable as cifras en todas as áreas sanitarias. Das 2.008 persoas, 276 están na área da Coruña-Cee, 75 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 207 na de Ourense-Verín-O Barco, 57 na de Pontevedra-Salnés, 339 na área de Vigo, 182 na de Santiago-Barbanza e 35 na de Ferrol. Así está a situación:

Publicidade

En canto á situación nos hospitais, actualmente hai 17 persoas na UCI e 93 noutras unidades, (110 en total) o que supón dúas menos có domingo. Nas últimas horas (sen ter en conta as altas) rexistráronse 8 novos ingresos nos hospitais, polos datos que indica o Ministerio de Sanidad. O resto das persoas que estaban consideradas casos activos na noite do domingo, 1.061 (un90,61% do total), están no domicilio. Así evolucionou a situación nos hospitais:

E así evolucionaron o total de casos detectados:

Publicidade

Destes casos activos, 280 están vinculados a residencias de maiores e centros de discapacidade (164 usuarios e 116 profesionais). Son o 23,91% os afectados por Covid-19 en Galicia. No referido aos falecementos, a cifra de óbitos por Covid-19 sobe a 607, dos que 270 son de usuarios de residencias de maiores (44,48%). 

Probas diagnósticas

En canto ás probas realizadas, Sanidade informou de que se levan feitas 126.758 PCR, 962 máis có domingo. A pouca cifra de positivos respecto ao total de probas realizadas é outro dos sinais optimistas sobre a evolución da pandemia, polo menos a curto prazo, foi a confirmación de que se están a detectar moi poucos positivos diarios a través de probas PCR. Este xoves (día no que se recollen os datos do venres), só 6 persoas foron diagnosticadas a través desta técnica, a máis ‘fiable’ para confirmar a infección. A elas hai que sumar outros 54 positivos por por tests de anticorpos (neste caso, non son necesariamente infeccións novas ou recentes).

Desde o comezo da crise, diagnosticáronse en Galicia 10.982 positivos por Covid-19. Deles, 9.056 detectáronse mediante PCR e 1.926, por tests de anticorpos (neste caso, non son necesariamente infeccións novas ou recentes). Con todo, estes números sempre se corresponden co cumio da pirámide de persoas afectadas, é dicir, óbvianse aquelas persoas que puideron ter pasada a infección pero non lles foi realizada unha análise para confirmalo. Neste sentido cobran relevancia resultados do estudo de seroprevalencia do ISCIII, coñecidos o pasado mércores, e que estiman que algo menos de 60.000 galegos puideron ter desenvolvido anticorpos.

Cambios de criterio

A serie temporal das cifras da Covid-19 en Galicia experimentou nos últimos días novos cambios, debido á revisión de casos derivada dos cambios de criterio indicados polo Ministerio de Sanidad. Segundo informou o domingo a consellería do ramo, ao informarse na actualización diaria un descenso do total de casos confirmados por PCR, “cando se trate de probas diagnósticas que precisen confirmación por PCR non procedería abrir caso á espera do resultado de PCR”, polo que desta forma “procede deixar de considerar casos activos aqueles anteriores á devandita instrución nos que se comprobou que xa existe unha PCR negativa posterior á proba diagnóstica”. Este feito provocou que o número de casos totais detectados a través desta técnica en Galicia baixase entre o venres e o sábado de 9.323 a 9.041.

Segundo explicou Fernando Simón na súa comparecencia do luns, esta actualización na recollida de datos permite unha “mellor identificación” dos casos notificados polas comunidades autónomas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro