Chega unha borrasca explosiva: como será o tempo en Semana Santa?

A pesar da incerteza, os meteorólogos prevén a chegada de dúas frontes esta fin de semana, e barallan influencia anticiclónica para os festivos

A Semana Santa achégase precedida dun cambio no tempo en toda a Península Ibérica. Galicia volve un ano máis a cumprir coa tradición, facendo desaparecer os poucos raios de sol que trouxo a primeira semana de abril. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) anticipou na súa conta de Twitter que se espera a entrada de dúas borrascas, entre as que destaca Evelyn, unha fronte explosiva que afectará principalmente nos primeiros días da semana que vén.

Este venres entrará a borrasca Diego, deixando fortes ventos con avisos de nivel amarelo, chuvias e temporal marítimo nas comunidades galega e cantábrica. Esta fronte de aire frío estenderase cara ao interior do continente europeo durante o próximo sábado e domingo. Haberá fortes ventos que afectarán sobre todo as costas galegas e os picos máis altos, que superen os 1.400 metros.

Publicidade

A segunda borrasca, Evelyn, chegará o luns dende Portugal e será explosiva. As predicións observan que virá xunto a unha fronte atlántica que varrerá a Península. A borrasca Evelyn chegará con máis precipitacións, principalmente durante o luns 11 e martes 12 de abril.

Pero, que é unha borrasca explosiva? Unha borrasca ou depresión, segundo indica a AEMET, é un sistema de baixas presións onde o vento xira en sentido contrario ás agullas do reloxo no hemisferio norte. Por outro lado, considéranse borrascas explosivas ou cicloxéneses explosivas aquelas que se producen cando dúas masas de aire, unha quente e outra fría, chocan entre si dunha forma rápida e con intensidade. Estes fenómenos meteorolóxicos que adoitamos presenciar todos os anos en Galicia adoitan recibir un nome. Isto débese a que se consideran borrascas de gran impacto, que poden producir danos en bens e persoas. Tal e como indica o  documento de Umbrales y niveles de aviso del Plan Meteoalerta , as borrascas recibirán nome cando se observen rachas de vento máximas, superiores aos 90, 100 e 110 km/h.

Publicidade

Pero non todo son malas noticias, a pesar de que aínda se mantén a incerteza do que acontecerá os días festivos, AEMET indica nas súas predicións que nos días 13, 14, 15 e 16 (mércores, xoves, venres e sábado) presentarse na Península unha tendencia á estabilidade cunha situación anticiclónica e ceos pouco nubrados ou nubes altas. No norte manterase unha baixa probabilidade de precipitacións.

Pola súa banda, MeteoGalicia di que é pronto para saber con certeza o que acontecerá durante a Semana Santa, mais si avisa os galegos de que collan o paraugas esta fin de semana, pola chegada da fronte atlántica e das borrascas Diego, este venres, e Evelyn, o domingo. Tamén alerta dos fortes refachos de vento que soprarán esta fin de semana nas costas galegas, especialmente na Mariña onde poderán superar os 80 km/h.

Polo momento, as gráficas de MeteoGalicia conclúen que a partir da semana que vén as temperaturas serán máis suaves. A partir do xoves, irá predominando a influencia anticiclónica, con tempo máis seco e un ascenso das temperaturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por calor extrema no interior de Pontevedra

As temperaturas superarán os 35 graos en 16 concellos pontevedreses durante a xornada pola chegada dunha masa de aire africano

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período