A Xunta anunciará este mércores novas medidas na desescalada

O comité clínico propón o nivel máximo para Vilardevós, Paradela e Maside e o alto en Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo

Galicia dará, moi probablemente, un novo paso na desescalada a partir desta fin de semana. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comparecerá este mércores nunha rolda de prensa despois dunha reunión na que se acordarán novas medidas, vinculadas á ampliación de horarios na hostalaría, capacidade máxima en determinados locais ou peches perimetrais en concellos cunha peor situación epidemiolóxica. A idea, segundo avanzou en días pasados o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, é a de establecer unha escala semellante á que rexía antes da terceira onda, con catro niveis de restricións. Máis da metade de concellos mantéñense sen casos na última semana, o que podería favorecer maior flexibilidade en boa parte do territorio.

Na reunión deste martes, o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia tomou novas decisións que entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así, propuxo situar en nivel máximo de restricións os municipios de Vilardevós, Paradela e Maside, que acumulan nas últimas dúas semanas unha importante incidencia acumulada. Neles establécese un peche perimetral individual, as reunións quedan limitadas a conviventes, a hostalaría estará pechada,

Publicidade

O comité decidiu, do mesmo xeito, establecer o nivel alto noutros sete concellos galegos: Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. Nestes casos a mobilidade queda restrinxida a municipios na mesma situación, as reunións son dun máximo de catro persoas non conviventes, e a hostalaría estará pechada no interior e a un 50% no exterior.

Os outros 303 concellos galegos ficarán no nivel medio, con liberdade de mobilidade entre eles, e unha capacidade dun 30% no interior da hostalaría e un 50% no exterior, ademais.

Publicidade

Galicia situábase este martes nunha incidencia acumulada de 76,94 casos/100000 habitantes a 14 días e 35,30 a sete días. Os casos novos mantéñense, un día máis, na contorna dos 100 positivos diarios. Nos hospitais seguen ingresadas 248 persoas, e outras 65 están en unidades de coidados intensivos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro