Dispáranse os casos de infección polo coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia e agrávase a situación nas residencias de maiores cun dato moi preocupante no balance das últimas 24 horas. 65 residentes deron positivo por coronavirus na residencia do Incio, na provincia de Lugo, onde tres traballadores máis, para un total de catro, tamén se contaxiaron, segundo informa a Consellería de Política Social.
A véspera notificouse que un traballador deste centro xeriátrico había contraído a Covid-19. As probas fixeron aflorar un brote masivo que dispara os casos en residencias. Non hai novidades no resto. No outro foco, o de Orpea Coruña, en Culleredo, mantéñense os casos en 11 usuarios e dous empregados.
Ademais, hai un traballador contaxiado en cada unha das seguintes residencias: Monforte, Paradela, San Bartolomeu e Barra de Miño en Coles.
Polo momento, a maioría dos afectados atópanse asintomáticos ou cunha sintomatoloxía leve e só dúas persoas tiveron que ser ingresadas. Con todo, preocupa que a maioría dos positivos contan con patoloxías previas e unha idade avanzada, o que multiplica os risco de complicacións. No Incio, explicou o alcalde, “a noticia do primeiro positivo xa xerou alarma, polo que agora con 65 podemos imaxinar a preocupación”.















O problema radica nos cebadores o primers dos PCR y TM que ten o cromosoma 8 do xen humano GRCH 38.p12 . Feitos antes do aislamento do covid . E dan positivo a tutiplén se tes calquer antixeno operativo no sangue . Non serven.
“había contraído”, te me sangran los ollos.