‘Estrelas galegas da Ciencia’, o libro que percorre os grandes avances científicos en Galicia

Un proxecto de Observer achega a nenos e adultos a historia da ciencia en Galicia e a de persoeiros relevantes entre os séculos XVII e XX

O libro Estrelas galegas da Ciencia. Unha historia de persoeiros e achados asombrosos recolle a historia da ciencia no territorio galego, así como tamén ás figuras de investigadores que a posibilitaron no pasado, todo isto entre o período de tempo que vai do século XVII ata o XX.

Nel relátase unha pequena constelación de homes e mulleres que adicaron a súa vida ao coñecemento e a intentar comprender como funciona todo aquilo que nos rodea. Froito dos seus traballos agora pódese vivir nun mundo mellor e no que se atopan respostas a moitas cuestións científicas. En total, trátanse de 14 as personalidades abordadas, e foron seleccionadas pola súa repercusión histórica e científica.

Publicidade

Isabel Zendal, María Wonenburger e Ramón María Aller son algúns dos protagonistas

Así, reúnense as vidas de José Rodríguez González, Isabel Zendal e Antonio Posse Roybanes, Domingo Fontán, Vicente Vázquez Queipo, Antonio Casares, Ramón María Aller e Antonia Ferrín, Isidro Parga Pondal e Guillermo Schulz, Fernando Fraga e Aida Fernández Ríos, Ángeles Alvariño e María Wonenburger.

Os autores confesan que, ao falar dos científicos escollidos querían construir “unha breve historia da ciencia en Galicia”, e inciden en que se trata dun libro “necesario e sorprendente, para un público infantil e adolescente, pero tamén para adultos con curiosidade pola historia”.

Publicidade

Ficción e biografías

Na obra mestúrase a ficción coas biografías, xunto tamén con explicacións divulgativas das principais contribucións, de forma que o libro suma unha compilación de 12 capítulos. No primeiro deles lévase a cabo unha breve introdución á historia da ciencia en Galicia e, nos seguintes, explícase a biografía de ditos persoeiros en relación cos seus achados.

Desta forma, todos os capítulos seguen a mesma estrutura: comezan cun breve contexto sobre o momento histórico no que se desenvolve a vida do protagonista, e seguen cun texto que mestura os achados reais con pequenos diálogos ficcionados que cada protagonista mantén con compañeiros ou familia, co obxectivo de achegar de maneira amena explicacións científicas relativas ao traballo de cada un deles.

Ademais, coa fin de dinamizar a lectura, cada capítulo dispón dunha ilustración específica dos persoeiros, seguindo o mesmo estilo que o que foi empregado na portada. Finalmente, o libro remata co deseño dun mapa que segue a cronoloxía de cada autor, e que sitúa a cada persoeiro nun lugar de Galicia significativo.

Autoría

Os autores desta obra son Maite Vence, directora de Observer; Manuel Vicente, divulgador e presentador do programa da Radio Galega Efervesciencia; e Andrea Burés, bióloga e divulgadora. Amais deles, Clara Cerviño, ilustradora científica, encargada de porlle imaxe ás historias.

A obra forma parte do repositorio de proxectos TeCeRedes en galego (TCR) ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22. A este respecto, poderase descargar dende a web de ObserverScienceTourism, a empresa encargada da súa edición e redacción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes