EN DIRECTO | Ciencia en feminino. O emprendemento das mulleres

A doutora en Investigación Clínica en Oncoloxía pola Universidade de Santiago, Catalina Fernández, conta a súa experiencia como directora xeral de Hifas da Terra

Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, arrinca a súa nova edición. Composto por catro actividades que se desenvolverán ao longo da segunda quincena de marzo e a primeira de abril, a sesión inaugural versa sobre as vocacións científicas e como se manteñen ao longo do tempo pese aos obstáculos que as mulleres seguen a ter na ciencia. 

Nesta segunda sesión na que abordaremos a Ciencia e o emprendemento das mulleres entrevistamos a Catalina Fernández de Ana Portela, doutora en Investigación Clínica en Oncoloxía pola Universidade de Santiago e directora xeral de Hifas da Terra, unha empresa biotecnolóxica con sede en Pontevedra centrada no desenvolvemento de nutracéuticos a partir de fungos medicinais. As principais áreas de investigación da compañía galega, fundada pola propia Catalina Fernández hai máis de dúas décadas son os estudos sobre cancro, saúde cerebral, saúde cardiovascular e enfermidades autoinmunes. Con ela falamos do 25 aniversario de Hifas da Terra, a dificultade de defender a importancia na ciencia dos fungos así como o fomento da igualdade de xénero dende a empresa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano