En directo: Amparo Alonso no ciclo Ciencia en Feminino

Novo directo do programa de celebración do 8M coa enseñeira química, premio MarÍa Wonenburger 2019

Novo directo do programa de celebración do 8M, hoxe as 19,00 horas coa enxeñeira química e especialista en Intelixencia Artificial Amparo Alonso, Premio MarÍa Wonenburger 2019. Alonso foi a primeira española becada no programa internacional L’Oréal UNESCO For Women in Science. Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo.

Alonso conversa coa xornalista Laura Filloy no terceiro encontro do ciclo Ciencia en Feminino, que desenvolve GCiencia en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra. O programa péchase o xoves próximo, día 24, coa mesa redonda Teitos de cristal na investigación, una reflexión sobre o papel das mulleres en postos claves da investigación e súa escasa presenza ao fronte de grupos de investigación. As invitadas analizarán as razóns que as levan a quedarse no camiño da carreira profesional ou da inexistencia de precedentes como reitoras das universidades galegas.

Publicidade

Participarán Concepción Sánchez Fernández, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia; María Luz Loureiro García, catedrática de Economía da USC; Lucía Maneiro, CEO da spin-off galega Psico VR, e Carmela Silva, presidenta da Deputación. Presenta a xornalista Begoña Márquez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano