Dous alumnos da USC, números 1 de España nas probas do FIR e o EIR

Daniel Gómez Costas e Pablo Nogueira González acadaron a mellor cualificación nas probas de acceso de Farmacia e Enfermaría

Dous graduados da Universidade de Santiago de Compostela obtiveron as notas máis altas nos exames de Farmacéutico e Enfermeiro Interno Residente, FIR e EIR, segundo a listaxe provisional difundida este martes polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Son Daniel Gómez Costas, graduado en Farmacia, e Pablo Nogueira González, graduado en Enfermaría. Suceden así a José Manuel Busto, exalumno de Medicina da USC que o ano pasado acadara o número 1 no MIR.

Nas probas FIR, outro ex alumno da USC, Francisco Cajade Pascual, tamén pertencente á Facultade de Farmacia, obtivo a oitava posición nesta clasificación provisional. O decano do centro, Francisco Otero Espinar, amosouse moi satisfeito este martes cos resultados obtidos. “É moi complexo para unha facultade que non é moi grande se a comparamos con outras do contexto español, obter uns resultados tan positivos”, sinalou.

Publicidade

“Isto demostra a boa preparación do noso estudantado”, apuntou. Otero Espinar quixo salientar que xa o ano pasado os datos foron tamén moi positivos, malia non acadar o primeiro posto que agora chega, “signo de que os alumnos teñen unha preparación excelente”, concluíu.

Estes exames constitúen as probas de acceso á formación sanitaria especializada do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. As notas definitivas daranse a coñecer o vindeiro 16 de marzo e as modalidades que abarcan son medicina, farmacia, enfermaría, psicoloxía, bioloxía, química e física. As prazas ofertadas son 271 no caso de farmacia; 1463, en enfermaría; 7512, en medicina; 189, en psicoloxía; 38, en física; e 15, en química.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous investigadores de Santiago, premiados polas súas achegas á investigación sanitaria

Os científicos do IDIS Anxo Fernández Ferreiro e Alana Aragón Herrera foron recoñecidos polos seus estudos nos eidos da farmacia e da cardioloxía

A restauración da botica de Doade trae de volta a farmacia rural do século XX

O museo inaugurarase o 24 de outubro, contará con 4.000 pezas e tamén se poderá visitar de forma virtual grazas ao 3D

Unha galega abre o camiño para aplicar intelixencia artificial na administración de vacinas

A investigación valeulle a Lorena García del Río o IX Premio Julián Francisco Suárez da Real Academia de Farmacia de Galicia

Un equipo de Santiago mellora a eficacia terapéutica contra a artrite reumatoide

O investigador Iván Lamela formula na súa tese modelos de microcápsulas aptas para tratamentos a nivel intraarticular