Un equipo de Santiago mellora a eficacia terapéutica contra a artrite reumatoide

O investigador Iván Lamela formula na súa tese modelos de microcápsulas aptas para tratamentos a nivel intraarticular

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolven novos sistemas microparticulares que facilitan a administración nivel intraarticultar de fármacos contra artrite reumatoide. Isto permitirá mellorar a eficacia terapéutica fronte a esta doenza, ao tempo que contribuirán a reducir os posibles efectos adversos provocados polos medicamentos. Así se recolle na tese de doutoramento do farmacéutico Iván Lamela Gómez.

O científico detalla na súa investigación que para a preparación das novas microcápsulas formuladas empregou polímeros biodegradables e dous copolímeros de Poli-(Ácido D, L-láctico-co-glicólico). Como fármacos obxecto de microencapsulación este investigador empregou tanto fármacos antioxidantes con potencial no tratamento da artrite reumatoide (Resveratrol) como representantes dos principais grupos de fármacos habitualmente utilizados no manexo terapéutico desta doenza: glucocorticoides (Betametasona), antiinflamatorios non esteroideos (Indometacina) e medicamentos modificadores da enfermidade biolóxicos (Infliximab).

Publicidade

O sistema de microencapsulación

Todas as formulacións obtidas das súas pescudas foron obxecto dunha caracterización exhaustiva tanto a nivel galénico como en cultivos celulares in vitro de macrófagos, a fin de acreditar así que as características axeitadas para a súa potencial aplicación no tratamento intraarticular da artrite reumatoide e tamén noutras enfermidades inflamatorias articulares.

Iván Lamela, durante a presentación da súa tese.

O sistema de microencapsulación desenvolvido, en combinación cunha administración local a nivel intraarticular, definen a estratexia terapéutica proposta polos investigadores, que entenden que tales accións posibilitan a obtención de concentracións elevadas de fármaco no tecido inflamado, ao tempo que permiten incrementar o seu tempo de permanencia a nivel articular, así como a súa liberación dirixida aos macrófagos, tal e como se denomina o conxunto de células consideradas como as principais amplificadoras da inflamación nos episodios de artrite reumatoide.

Publicidade

Os distintos pasos seguidos no proceso de desenvolvemento e formulación destes novos sistemas microparticulares, sinala Lamela, están orientados a incrementar a eficacia terapéutica, reducir los efectos adversos sistémicos e a prolongar a duración do efecto dos fármaco no lugar de acción. O obxectivo último, conclúe, pasa por mellorar o curso da enfermidade e contribuír deste xeito a que a persoa afectada goce dunha mellor calidade de vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos