Dimite o director de Investigacións Mariñas: “A prioridade era a nova sede. Agora é momento de volver á investigación”

Francisco Saborido dá un paso atrás para centrarse na coordinación do Programa Ciencias Mariñas de Galicia

O que fora reelixido director do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC o ano pasado, Franciso Saborido, dimite para retonar aos labores de investigación. O motivo principal polo que continuou máis aló de catro anos foi o encargo do proxecto de construción da nova sede do instituto, que ocupará as antigas instalacións da Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) en Tesis (Vigo). Agora, Saborido explica que o proxecto está “encamiñado” e elaborado por parte das empresas gañadoras do concurso. Considera entón que o obxectivo do seu mandato está cumprido e que é momento de “dar o relevo”.

Á vez que compaxinaba o seu cargo á fronte do IIM, Saborido é coordinador científico do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Xunta de Galicia, con fondos europeos NextGeneration e FEMPA. “É un proxecto moi importante que precisa da miña atención”, explica.

Publicidade

“Teño un grupo de investigación de 20 persoas, o programa involucra a toda Galicia, con máis de 80 grupos de investigación e máis de 230 investigadores“, sostén. Destes cinco anos, quédase co “gran apoio” por parte dos seus compañeiros, que conseguiron un “cambio estrutural de innovación e visión” para encamiñar a nova sede. Agardan que isto último lles axude a traballar “moito mellor, máis competitivamente”.

No CSIC os cargos de dirección duran catro anos. A partir de aí pódense renovar por outro período igual de tempo, pero non máis. O instituto é o que elixe o director e no proceso pódense presentar candidaturas que, de maneira habitual, adoitan ser de persoas do instituto. No proceso preséntase un proxecto que se discute no claustro e despois vótase e elévase á presidencia. É un proceso que dura un mes, aproximadamente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Beatriz Novoa: “Foi un exemplo de tenacidade e esforzo”

A actual directora do IIM, Beatriz Novoa, lembra a Científica Galega do Ano e analiza os retos que ten por diante o instituto no seu 75 aniversario

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé