Venres 19 Abril 2024

O reelixido director de Investigacións Mariñas: “Os Next Generation son un pulo para nós”

O traslado á ETEA e máis a boa orientación dos fondos europeos serán algunhas das claves deste novo mandato de Fran Saborido

A mudanza á ETEA e a xestión dos novos fondeos Next Generation serán os principais obxectivos do segundo mandato de Francisco Saborido á fronte do Insitituto de Investigacións Mariñas, centro do CSIC en Vigo. O diverso equipo directivo que acompañará a Saborido nesta andadura está composto polos investigadores Marta López, José M. Fernández, Sonia Deus e Xosé Pintado.

-Que obxectivos principais se marcan para este novo mandato renovado?

Publicidade

-Son moitos, a verdade. A época é complexa. Agora mesmo hai financiamentos moi potentes no mercado, pero tamén hai moitas incertezas. O Instituto de Investigacións Mariñas está a piques de moverse á nova sede. Queremos aproveitar este traslado como unha oportunidade e impulsar proxectos de investigación avanzada que no IIM están moi limitados porque aquí, practicamente, non cabemos xa e non temos capacidade de mellora. Entón, son anos de cambio. Tanto polos aspectos internacionais: estamos entrando na década dos océanos e enfrontámonos aos retos do cambio climático; como aos cambios a nivel nacional nos que estamos a mudar o noso xeito de entender a investigación.

-Que hai dese traslado á ETEA? Mantense o obxectivo de 2023 ou xa mudaron as datas?

-Non, no 2023 comezaremos a construír. Nestes días, o xurado evaluou os 38 proxectos que se presentaron ao concurso de ideas e xa escollemos o gañador, pero aínda non sabemos quen está detrás. Abriremos os sobres administrativos nos próximos días e poderemos anuncialo. En canto se faga público, a persoa gañadora terá que sentarse con nós para facer un proxecto construtivo e alá polo verán comezar a construír. E logo de rematar o edificio aínda viría o traslado, claro.

-Como conformou o seu equipo para este novo mandato?

-Ao final, no instituto corenta investigadores e 230 persoas en total: coñecémonos todos ben. Entón é un equipo sólido. Levamos moitos anos traballando todos xuntos. O interesante é a multidisciplinariedade. As vicedireccións representa ao conxunto do IIM que é moi diverso. Dende a oceanografía, a ecoloxía, a pesca, a acuicultura, a economía circular, a enxeñaría de procesos… Unha diversidade enorme, como podes imaxinar. Dos 130 institutos do CSIC somos o máis diverso, estamos en máis áreas. E iso ten que estar reflectido no equipo directivo, como é o caso. Con capacidades e visións diferentes, que é o que interesa. Penso que iso conseguímolo esta vez e tamén nos anteriores mandatos.

-Primeiro foi a crise do 2008 e os recortes en ciencia e agora a covid-19. Recuperou a súa capacidade investigadora o IIM?

-A pandemia non mermou a capacidade investigadora do IIM per se. Houbo alteracións e a nivel individual houbo persoas afectadas, claro. Pero en conxunto, o nivel de publicacións e a obtención de financiamento a través de proxectos de investigación non se viu afectado e ademais houbo moito apoio polas entidades financiadoras como o Gaín ou o Ministerio coa ampliación dos contratos predoutorais e posdoutorais. En conxunto non houbo gran impacto. E logo, o ano pasado, chegaron os Next Generation, que moita xente non sabe o que se está a facer, pero nós fomos quen de captar case oito millóns de euros, polo momento. Iso está impulsando moito as cousas mediante novas infraestruturas e contratación de persoal para executar investigacións avanzadas. Ademais, o IIM coordina o programa galego Ciencias Mariñas que tamén son dez millóns de euros. Estamos traballando aí todas as institucións galegas que teñen algo que ver co medio mariño: as tres universidades, os dous IEOs, os dous CSIC, MeteoGalicia… Máis 82 grupos de investigación e máis de 200 investigadores. Nada menos. Todo iso comezámolo agora cos fondos Next Generation.

-Van ser un novo pulo para o IIM entón?

-Se están ben orientados, dende logo. De feito, o Ministerio ten o compromiso de continuar co programa Ciencias Mariñas alén do 2025 que rematan os fondos. Así que se se empregan ben, van dar moita capacidade, particularmente ao IIM. Tamén soubémolos captar! Pero en calquera caso, isto é para investigación. O que nos falta é financiamento para a construción do edificio da ETEA. Temos 16 millóns, que iso é suficiente só para un traslado mínimo. Pero non suficiente para o traslado completo do IIM. Entón, temos que ver se somos quen de conseguir dez millóns máis para facer un traslado completo e competitivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte