PODCAST | Cales son as substancias que se agochan nos plásticos? Con Ricardo Beiras

Charlamos co catedrático de Ecoloxía e investigador no proxecto LabPlas, con motivo do Día Mundial dos Océanos

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Ricardo Beiras, investigador no proxecto LabPlas. Esta é unha iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo (UVigo) que conta con 16 socios de oito países. O seu principal obxectivo é rastrexar as fontes das que provén o plástico que se atopa no medio ambiente, fundamentalmente en mares, océanos e ríos.

Por outra banda, Beiras pertence ao grupo EcoTox, onde tamén se centran en analizar as substancias químicas que forman os plásticos e sobre as que o propio investigador admite que hai unha escasa regulación.

Publicidade

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da UVigo en ratas suxire que os microplásticos alteran a conduta e a función cerebral

A investigación indica que as partículas poden actuar como vehículos doutros contaminantes e ampliar os efectos neurotóxicos do glifosato

O alumnado sénior da UVigo convértese en embaixador da ciencia en cafetarías de Pontevedra, Vigo e Ourense

Estudantes do Programa Universitario de Maiores impartirán charlas divulgativas en locais de encontro das tres cidades galegas

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas