PODCAST | Que ten que ver o sono coa saúde cardiovascular. Con Ramón Hermida

Falamos de cronobioloxía con Ramón Hermida, do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic. Hermida traballa no desenvolvemento de liñas de investigación como estudo Thadeus (Tratamento de Hipertensión Arterial Durante o Sono), que ten como obxectivo valorar prospectivamente o efecto sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais do control da presión arterial durante o sono.

Nova entrega do podcast Ciencia de Ida e Volta, tamén dedicado ao Día Mundial da Saúde. Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) da UVigo que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Publicidade

 

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Robótica, IA e exploración espacial na oitava xornada de portas abertas de atlanTTic

O centro de investigación da UVigo levará a cabo o 20 de novembro visitas guiadas gratuítas aos laboratorios e actividades abertas á cidadania, previa inscrición

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

Juanatey: “O maior reto da saúde cardiovascular en Galicia é o envellecemento activo”

O cardiólogo Juanatey, líder do proxecto New Heart na comunidade galega, explica como investigan as doenzas cardiovasculares e resalta a importancia da promoción dun estilo de vida saudable

O alumnado sénior da UVigo convértese en embaixador da ciencia en cafetarías de Pontevedra, Vigo e Ourense

Estudantes do Programa Universitario de Maiores impartirán charlas divulgativas en locais de encontro das tres cidades galegas