Unha charla en Santiago lembra os 100 anos da eclipse que fixo célebre a Einstein

O físico da USC José Edelstein falará este mércores sobre o centenario deste fito científico no centro Abanca a partir das 19.30 horas

Este mércores cúmprense 100 anos exactos dunha observación que provocou que o nome de Albert Einstein sexa aínda máis coñecido por todos hoxe en día. Aquel día, o 29 de maio de 1919, o científico “ensombreceu” a Isaac Newton e validou con datos reais, por primeira vez, unha das predicións da Teoría da Relatividade Xeral.

Para conmemorar este fito, o físico José Edelstein, profesor da Universidade de Santiago e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), gran coñecedor da figura de Einstein, ofrece unha charla ás 19.30 horas no centro Abanca de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes), na que explicará as implicacións científicas do achado, relatando como Newton quedou eclipsado definitivamente por Einstein, quen se converteu na celebridade mundial que perdura xusto un século despois.

Publicidade

José Edelstein. Foto: IGFAE.
José Edelstein. Foto: IGFAE.

Aquel día do que se cumpren 100 anos estaba prevista unha eclipse total de Sol que sería visible desde Brasil e África, segundo predicían as ecuacións de Isaac Newton. A súa lei da Gravitación Universal dominaba a física do momento, pero entraba en conflito coa Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein, que propoñía que a luz desviaba a súa traxectoria ata o dobre ante a presenza dun obxecto moi masivo debido á curvatura do espazo. Ante a falta dunha evidencia experimental, o astrónomo británico Arthur Stanley Eddington liderou un experimento: utilizar a eclipse de 1919 para fotografar as estrelas que se atopaban ao redor do disco solar antes e durante o evento e así comprobar se se producía a deflexión ou desviación da súa luz ao pasar preto do Sol.

Grazas ao escurecemento do ceo durante a totalidade da eclipse, os dous equipos ingleses que formaron a expedición científica puideron comprobar meses despois, ao revelar as placas fotográficas, que a posición dalgunhas desas estrelas se alterara. A súa luz, no canto de viaxar en liña recta, desviouse lixeiramente ao pasar preto do campo gravitacional do Sol.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, clave no novo proxecto europeo para explorar unha das forzas fundamentais da natureza

O IGFAE e o CESGA participarán na iniciativa internacional HADRON-2030 poñendo a disposición o seu Quantum Computing Lab

A cuántica entra nunha obra de arte: o pintor galego que conecta coa incerteza física no IGFAE

O santiagués Andrés Rodís expón 25 pezas inspiradas na superposición, a observación e a relación entre o visible e o invisible no Museo Gaiás

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez