Captan por primeira vez un oso panda albino

O exemplar foi localizado por unha cámara da reserva natural de Wolong, na provincia chinesa de Sichuan, un dos 'santuarios' do panda

Unha cámara de infravermello instalada na reserva natural de Wolong, na provincia chinesa de Sichuan, rexistrou a mediados de abril a que é a primeira imaxe dun oso panda (Ailuropoda melanoleuca) con albinismo. A fotografía foi publicada estes días polos responsables da reserva, onde residen unha importante parte dos exemplares desta especie en perigo de extinción.

O albinismo é unha condición xenética que tamén acontece noutras especies, como os humanos, que provoca a perda de pigmentación debido a un problema na ‘fabricación’ de melanina, a substancia que ‘colorea’ a pel ou a plumaxe dos animais.

Publicidade

“O panda parecía forte e os seus pasos eran constantes, un sinal de que a mutación xenética do albinismo posiblemente non dificultou a súa vida”, dixo á axencia estatal Xinhua o zoólogo Li Sheng, da Universidade de Pequín.

O exemplar, duns dous anos de idade, tiña a pelaxe totalmente blanca e os ollos parecían de cor vermella, segundo apuntou Sheng. A área onde se rexistrou o está a uns 2.000 metros de altitude. As autoridades explicaron que engadirán novas cámaras para aumentar o seguimento ao exemplar, pola súa importancia científica, xa que nunca se documentara ata agora un panda albino.

Publicidade

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) estima que quedan menos de 2.000 pandas no mundo, localizados en provincias montañosas como Sichuan ou o territorio do Tibet.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A imparable desaparición da lagosta en Galicia: “Colapsou a comezos dos oitenta”

Un estudo repasa como a sobreexplotación da especie desde finais do século XIX provocou que a súa presenza sexa mínima nas costas

Reducir ata un 15% o risco de padecer demencia? A resposta pode estar no teu tensiómetro

Un ensaio clínico na China rural marca diferenzas entre a poboación hipertensa á hora de desenvolver esta enfermidade

A anguía, en perigo de extinción? “En Galicia reduciuse máis do 85% dende os oitenta”

Europa valora prohibir a súa comercialización debido á situación de ameaza na que se atopa pero a Xunta oponse á medida

Descuberto en China un novo virus do mesmo xénero que Crimea-Congo transmitido por carrachas

O patóxeno emerxente, denominado Xue-Cheng pola cidade onde foi descuberto, provocou dende febres agudas ata ingresos hospitalarios en 25 pacientes