Martes 3 Decembro 2024

O Centro Oceanográfico de Vigo do IEO leva os seus laboratorios ao MARCO

O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) continúa celebrando o seu centenario coa actividade “Viaxe ó Centro do Oceanográfico”, no Museo de Arte Contemporáneo MARCO, dende o 19 ata o 29 de abril. Entre os seus participantes estarán diferentes grupos de investigadores da institución dedicados ao estudo dos ecosistemas mariños, a acuicultura, a pesca, a oceanografía e a contaminación.

Está composto por seis talleres a modo de “minilaboratorios”, adaptados a todas as idades, experimentando cos equipos cos que se traballa no mar. Os máis pequenos terán o seu propio taller baixo o nome de “Oceanoteca”, no que mediante xogos, contos e manualidades poden aproximarse ao océano e aos animais que viven nel. Ademáis haberá un photocall mariño para que os visitantes podan levarse un recordo, e un libro de firmas para que poidan escribir a súa experiencia como oceanógrafos por un día.

Publicidade

O 18 de abril as 19:00 horas no salón de actos do MARCO terá lugar a presentación oficial da actividade, coa presenza do debuxante Miguel Anxo Prado, que impartirá a charla “O mar: entre o real e o mítico”. A entrada é libre ata completar o aforo.

A visita dos colexios de Educación Primaria serán os días 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de abril entre as 10:30 e as 13:30, con reverva previa en apoyodireccion@vi.ieo.es, e a apertura ao público xeral estará dispoñible os días 19, 20, 25, 26 e 27 de abril de 17:30 a 20:30 e os sábados 22 e 29 de 10:30 a 13:30, onde tamén se realizará un taller de Gyotaku, dirixido ao público adulto e baixo unha inscripción previa no enderezo apoyodireccion@vi.ieo.es

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Antibióticos e cremas solares acumúlanse no mar: “Descoñecemos o seu impacto”

Científicos recompilan nun libro as substancias emerxentes no medio mariño, unha materia da que existe pouca información

Un libro para coñecer a biodiversidade mariña do Ártabro

A publicación do IEO condensa o coñecemento científico sobre a produtividade biolóxica na contorna de traballo do Centro Oceanográfico da Coruña

O Oceanográfico de Vigo aborda un novo proxecto sobre microplásticos e cambio global

O científico Juan Ignacio Bertucci estudará os efectos dos microplásticos, os contaminantes químicos e os principais factores de cambio global nos océanos

O buque Ángeles Alvariño, a investigar os fondos mariños de Galicia

Científicos do IEO parten nesta campaña na que se empregarán robots que permitirán gravar a profundidades de 800 metros