Daniel Lois, premio FAPA por unha foto da fareira de Cabo Vilán

Parte da panorámica, co faro á esquerda e a fareira á dereita. Foto: Daniel Lois.
Parte da panorámica, co faro á esquerda e a fareira á dereita. Foto: Daniel Lois.

O fotógrafo galego Daniel Lois, membro do colectivo Enfoque Nocturno xunto ao tamén premiado Daniel Llamas, acaba de ser nomeado gañador do prestixioso concurso Fine Art Photography Awards (FAPA), con sede en Londres. A fotografía, premiada na categoría de Panorámica Amateur, retrata a Cristina Fernández, a fareira de Cabo Vilán, na Costa da Morte, ante o edificio no que traballou gran parte da súa vida.

A imaxe, titulada “The Guardian of Death Coast“, tomada o 25 de xullo do ano pasado, foi seleccionada entre as 6.335 fotografías participantes, procedentes de 89 países. A nivel técnico, Daniel Lois realizou 10 fotografías verticais de 30 segundos de exposición cada unha. A apertura de diafragma foi de f/2.8 e un nivel de ISO de 3200. Abarca uns 200 grados de ángulo de visión.

Publicidade

O seu compañeiro Daniel Llamas tamén recibiu un galardón -o MEDCLIC Oceans Photo Contest- por unha imaxe de Cristina Fernández.

El jurado me ha otorgado el primer premio en la categoría panorámica Amateur a la fotografía “The Guardian of Death Coast” entre las 6.335 fotografías participantes, provenientes de 89 países.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban

Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

A carabela portuguesa invade as praias da Coruña: como actuar se che pica?

Na Costa da Morte tamén aparecen exemplares de 'Pelagia noctiluca', unha medusa luminiscente cunha picadura moi urticante

Onde ver o mar de ardora? Estas son as mellores praias da Costa da Morte

O fenómeno de bioluminiscencia deixouse ver nas últimas semanas con todo o seu esplendor nos areais de Estorde (Cee) e Carnota