Un vídeo para presumir do can de palleiro

‘O can ideal’. Así presume o Club de Raza Can de Palleiro dende a súa sede en Narón. Para promocionar esta raza autóctona galega, empregado como pastor, realizaron este vídeo en castelán, no que se presenta a unha nena recén chegada a Galicia que descobre o can de palleiro como o seu compañeiro cuadrúpedo ideal. O vídeo conta tamén con esta versión dobrada ao galego.

O can de palleiro é unha raza autóctona galega que debe o nome a que adoitaba durmir no palleiro da casa, e tiña as funcións de pastor e garda. Actualmente, segue a prestar grandes servizos como can guía, para terapias, axuda a discapacitados e can de salvamento.

Publicidade

4 COMENTÁRIOS

  1. Se alguén ten algún interés real nesta materia, recomendolle que procure buscar información no eido da Etnoloxía veterinaria.
    Tódalas raza domésticas (incluidas as de cans) teñen unha orixe e evolución semellante a que aquí se discute. Neste caso a estandarizacion foi mais recente, pero paradoxicamente bastante ben estudada, xa que foi conicida en gran medida por académicos.
    Se alguén ten interés no aspecto político do comentario de Alfredo, recomendolle afondar no eido das antroloxía social, e fenómenos “patolóxicos” coma a xnofobia e o autoodio

  2. Algúns vedes nacionalistas subidos aos pinos! Efectivamente, “can de palleiro” era a expresión utilizada para designar calquera can xenérico. Acontece que, antes de chegaren as razas modernas, xa existían cans aquí, como en toda Europa. Obviamente, estes cans adaptábanse á función que se esperaba que desenvolvese, polo que existían varias razas diferentes (o mesmo que acontece coas vacas, galiñas, etc.). Cando chegou o momento de recuperar o tipo máis común de can primitivo galego houbo que buscarlle un nome, polo que alguén decidiu recorrer a esa expresión.

  3. Todo es una invención de corte nacionalista. Para empezar siempre se denominó “can de palleiro” al mestizo genérico que se ve por las aldeas, en cierto modo de forma despectiva. Luego es fácil comprobar de quienes se dicen poseer genuinos “can de palleiro” que morfológicamente tienen muchas diferencias entre sí. Ahora aparecen quienes afinar más y denominar a la supuesta raza “pastor galego”, como el de vídeo de Gadis. La idiosincrasia del habitante del rural gallego no es propicia para mantener una raza de perro sin mezclas ni modificaciones.

    • haha ti ao teu meu. Nós a defender a identidade e riqueza cultural galega por moito que amole a ratiños casteláns coma ti.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado

Novas filtracións na balsa tóxica de Alcoa: cal é o perigo do lodo vermello?

Os compostos da vertedura, que está a 75 metros das casas máis próximas, xorden da elaboración de aluminio, na que un quilo de alúmina produce dous do refugallo