AstroTrevinca reúne a amantes do ceo no mellor firmamento do país

O Concello da Veiga, onde se ergue Pena Trevinca, o punto máis alto de Galicia, acolle na fin de semana dos días 14, 15 e 16 de setembro a quinta edición de AstroTrevinca, un encontro para os amantes da astronomía e a fotografía nocturna no que é, para moitos, o mellor ceo de Galicia debido á ausencia de contaminación luminosa e á altitude, por riba de onde se adoita concentrar a polución no aire. A Veiga é, xunto ás Illas Atlánticas, un dos dous destinos Starlight (lugares caracterizados pola limpeza dos ceos) que hai en Galicia.


AstroTrevinca, coordinada polo astrofotógrafo Óscar Blanco e impulsada polo concello da Veiga, xa ten aberta a súa inscrición (que se pode formalizar nesta ligazón). Por un prezo de 35 euros, os participantes poderán acceder a un amplo programa de actividades, como observacións, conferencias e rutas:

Publicidade

Venres 14

20 horas: no Edificio do Toural. Presentación de AstroTrevinca.

22 horas: observación astronómica na Tablilla

Publicidade

Sábado 15

Edificio do Toural.

11 horas: conferencia sobre arqueoastronomía, impartida por Pablo Martínez Alemparte.

11.55 horas: “Astrotimelapses, fotóns en movemento”, por Alfredo Madrigal.

12.50 horas: descanso.

13.15: “Astronomía para influencers”, por Marta Fernández Escobar.

14.10 horas: Pausa para comida.

16.30 horas: “Ligar con Astronomía”, por Borja Tosar.

17.25 horas: “La astronomía de Julio Verne”, por Óscar Blanco.

18.20 horas: descanso.

18.30 horas: “Fotografía nocturna e astropaisaxe”, por Fernando Cabrerizo.

19.25 horas: Fin das charlas.

22 horas: observación astronómica na Tablilla

Domingo 16:

11 horas: Nocións sobre astrofotografía, por Óscar Blanco.

12 horas: Visita ao lugar onde estará o futuro observatorio astronómico de Trevinca e exposición do proxecto (acceso final a pé durante un quilómetro).

16 horas: paseo en catamarán polo encoro de Prada ou visita a Cántara da Moura.

18 horas: fin das xornadas.

Os interesados en participar poderán anotarse a través do número de teléfono 988 35 01 30 ou do correo electrónico trevincastarlight@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns