Así é Hodio, a nova ferramenta anunciada por Pedro Sánchez para rastrexar o odio nas redes sociais

A iniciativa combina intelixencia artificial e revisión humana para avaliar contidos publicados nas cinco plataformas máis utilizadas en España

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este mércores, durante a inauguración do primeiro Cumio Internacional contra o Odio, a posta en marcha dunha nova ferramenta destinada a rastrexar o discurso de odio nas redes sociais. A plataforma, denominada Hodio, analiza a presenza de mensaxes de odio e de polarización nas redes máis utilizadas en España —Instagram, TikTok, X, YouTube e Facebook— e elabora un ranking público e transparente que compara o nivel de exposición a este tipo de contido entre plataformas. A iniciativa desenvólvese a través do Observatorio Español do Racismo e a Xenofobia (OBERAXE).

A ferramenta mide tanto a prevalencia do discurso de odio como a amplificación deste tipo de contidos nas diferentes redes sociais. Segundo explican dende o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Hodio utiliza un sistema mixto de análises que combina técnicas cuantitativas e intelixencia artificial para procesar grandes volumes de contido público. Ao mesmo tempo, incorpora a revisión humana para garantir a precisión e a coherencia das análises. “As mensaxes detectadas como potencialmente polarizantes ou ofensivas revísanse para garantir unha análise rigurosa e fiable”, sinala a información publicada na páxina web.

A decisión sobre que contidos son odio baséase en criterios académicos e estándares internacionais, ademais da combinación de sistemas automatizados e revisión por parte de expertos. A partir destes datos, o proxecto prevé elaborar informes semestrais para seguir a evolución de cada rede social.

Logo de Hodio. Foto: Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións
Logo de Hodio. Foto: Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

Dende o Ministerio subliñan a importancia de medir o odio en espazos cotiáns como as redes sociais. Segundo indican, “o discurso de odio e a polarización deterioran a convivencia democrática e o debate público, afectan ao benestar social e a saúde, especialmente dos colectivos máis vulnerables”. En definitiva, a iniciativa busca contribuír á protección dos usuarios e á creación de contornas dixitais máis seguras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia rompe a barreira dos 50.000 seguidores en Instagram e ingresa no top 5 dos medios galegos

O portal líder en divulgación consolídase como o primeiro nativo dixital en galego e suma xa unha comunidade global de máis de 160.000 persoas en todas as súas redes

España prohibirá o acceso a redes sociais a menores de 16 anos: “É absolutamente positivo e necesario”

O profesor de Psicoloxía da USC Antonio Rial cre que a medida é un "exercicio de responsabilidade" que precisa da implicación de familias e sistema educativo

Un de cada tres adolescentes recoñece violencia dixital na parella

Un novo informe codirixido pola USC advirte de que o 10% dos rapaces novos declara sufrir ciberacoso

Un investigador da UDC, premiado por aplicar IA na detección de depresión en redes sociais

A tese de Miguel Anxo Pérez Villa parte da evidencia de que as persoas que sofren problemas de saúde mental adoitan mostrar cambios na súa maneira de expresarse