Un proxecto galego desenvolve un biopen portátil para rexenerar tecidos bucais

A iniciativa impulsada dende a Universidade da Coruña busca crear unha spin-off de solucións biomédicas innovadoras

O proxecto ORALREGENERIX – Rexeneración na clínica de tecido oral mediante o uso dun sistema dun biopen portátil, impulsado desde o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, vén de obter un financiamento superior aos 400.000 euros a través do programa IGNICIA Proba de Concepto, promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). A axuda permitirá avaliar e desenvolver a vía de comercialización dun biopen portátil que servirá para a rexeneración de tecidos bucais, aspirando a liderar unha nova xeración de terapias rexenerativas en odontoloxía.

Esta iniciativa, liderada desde o grupo Advanced Biofab, busca crear una spin-off tecnolóxica dedicada ao desenvolvemento de solucións biomédicas innovadoras. O seu obxectivo é ofrecer novas alternativas terapéuticas que permitan reparar de forma máis eficaz os danos en enxiva e óso causados por enfermidades, traumatismos ou intervencións cirúrxicas.

Publicidade

A través de tecnoloxías avanzadas de medicina rexenerativa, o proxecto aspira a mellorar a recuperación e a calidade de vida dos pacientes. Ademais, pretende impulsar a transferencia de coñecemento desde a investigación cara á práctica clínica, xerando innovación e emprego cualificado no sector biomédico.

Os investigadores Daniel Nieto e Nadina Usseglio, responsables do proxecto, presentaron onte en Santiago as principais liñas de traballo e obxectivos no marco de presentación dos IGNICIA Proba de Concepto 2025, nas que se deron a coñecer as nove iniciativas seleccionadas na convocatoria para impulsar a transferencia de coñecemento cara ao mercado.

Publicidade

Biofabricación avanzada

O investigador Oportunius Daniel Nieto puxo en marcha o grupo Advanced Biofab. Este equipo desenvolve liñas de investigación punteiras no ámbito da biofabricación e bioimpresión: dende a biofabricación avanzada para sistemas de enxeñaría vivos ata a biofabricación aplicada á enxeñaría de órganos e tecidos. Entre os seus traballos destaca o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en HOTB (Holographic Optical Tweezers Bioprinting), unha aproximación de bioimpresión óptica holográfica mediante pinzas ópticas que permite manipular e organizar células con gran precisión para a creación de estruturas biolóxicas complexas.

A obtención do proxecto IGNICIA supón un importante impulso para continuar avanzando cara a solucións sanitarias con impacto real. O CICA reforza así o seu papel como centro interdisciplinario que afronta retos globais en saúde, alimentación, novos materiais e medio ambiente baixo o principio One Health, que conecta saúde humana, animal e ecosistémica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

Un estudo da UDC achega novas claves para crear paneis solares máis estables e duradeiros

O investigador Alberto García participa nun artigo que axuda a comprender os principais obstáculos das prometedoras células solares de perovskita para chegar ao mercado

A UDC participa na creación dunha compresa intelixente para mellorar a detección da endometriose

Un equipo do CICA colabora nun proxecto europeo para identificar sinais temperás da enfermidade a partir de análises do fluxo menstrual