A aceleradora do sector alimentario lanza a procura de 12 proxectos innovadores

A BFFood abre a súa cuarta edición para captar talento e apoiar iniciativas de emprendemento

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), lanzou a súa cuarta edición para captar talento e atopar un máximo de 12 proxectos innovadores en fase de aceleración ou de consolidación, que dean resposta aos retos reais presentados polas empresas do sector alimentario.

O Infoday celebrado este martes, organizado por Clusaga e FEUGA, serviu para presentar todos os detalles da IV Edición da aceleradora e para recapitular os logros das anteriores, ademais de abordar a innovación, o emprendemento e os futuros retos do sector alimentario.

Publicidade

O evento contou coa participación do vicepresidente de Clusaga, Ignacio Losada, que puxo en valor “o percorrido dos 25 proxectos innovadores impulsados nas tres edicións anteriores da BFFood”. A continuación, pronunciaron unhas palabras de benvida Rubén Aguión, director de XesGalicia, e Francisco Javier Pereiro, director xeral de FEUGA.

Informe Agrifood

Tras estas intervencións tivo lugar a presentación do informe da Fundación Europea INTEC sobre as tendencias do sector Agrifood en 2022, que levou a cabo o seu vicepresidente, Juan Franscisco Delgado. O relator aproveitou para transmitir o seus parabéns pola iniciativa que supón a BFFood, dado que “resulta difícil atopar semellante unidade na innovación da cadea agroalimentaria”.

Publicidade

A continuación, tiveron lugar dúas mesas redondas. Na primeira delas, Rubén Recamán, CEO de Galinsect, e Iria Varela, CEO de ODS Protein, falaron desde a súa experiencia como proxectos que formaron parte de edicións anteriores da BFFood. O primeiro destacou o “papel decisivo que tivo a BFFood para sacar o seu proxecto adiante”, mentres que Varela valorou positivamente “a relación coas empresas mentoras como clientes potenciais”.

Acompañáronos Yago Campos, director de I+D+i de Hijos de Rivera; e Pedro Areas, responsable de innovación aberta de CEAMSA, en virtude de membros de dous das empresas mentoras da aceleradora. Campos puxo o foco na importancia de poñer “paixón á hora de facer as cousas”, mentres que Areas falou de como a BFFood permite “abordar a innovación desde un enfoque integral”.

Aceleradora desde 2018

Posteriormente, na segunda mesa, Xosé Ramón Vázquez, novo responsable de BFFood, recapituló os pasos da aceleradora desde o seu nacemento en 2018. Tamén presentou os retos reais das empresas alimentarias ás que os proxectos participantes deben buscar solucións, e ás 22 empresas tractoras que participan nesta cuarta edición.

Acompañárono Noelia Vilar, xestora de Transferencia Tecnolóxica e Valorización de FEUGA, que convidou os presentes a “aproveitar as oportunidades da cadea de valor alimentaria, sumándose a oportunidades como a que supón BFFood”; Yolanda Falcón, directora de Xestión de Participadas de XesGalicia, que declarou a súa intención de “compartir os éxitos dos novos proxectos da aceleradora”; e Inmaculada Rodríguez, directora xeral de Unirisco, que se mostrou “agradecida por poder colaborar coa aceleradora”, e insistiu na importancia da “transferencia ao mercado do desenvolvemento científico”.

Un momento da presentación.

Para pechar a xornada, Roberto Alonso, xerente da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia, lembrou aos presentes que o próximo 13 de maio pecha o prazo da convocatoria para presentar candidatura para a BFFood. Como broche final, Patricia Fernández, de GAIN, agradeceu “a execución das edicións previas”, destacando o “compoñente da BFFood que permite dar resposta aos retos do futuro”. Mentorización e apoio económico.

Os proxectos seleccionados na cuarta edición da aceleradora dispoñerán do apoio
económico da Xunta de Galicia. En concreto, accederán a un financiamento por parte de GAIN de 25.000 erusos a fondo perdido no programa de aceleración e dun préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 50.000 euros, a través de XesGalicia.

A cuarta edición de BFFood conta co apoio de grandes empresas tractoras do sector,
como Adegas Martín Códax, Cafés Candeas, Calvo, Cravo Food Factory, CEAMSA, Congalsa, CLUN, Gadis, GALACTEUM, Kiwi Atlántico, Laber, DS Smith, Grupo Lence, Grupo Pereira, Larsa, Nova Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez, Viña Costeira, Vegalsa, Casa Grande de Xanceda e Hijos de Rivera.

Entre as entidades colaboradoras atópanse, ademais, as tres universidades galegas, a
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Anfaco- Cecopesca, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Fundación Empresa-Universidade Galega ( FEUGA), que forman partedo comité técnico.

O prazo de presentación de iniciativas, que se mantén aberto desde o pasado 2 de febreiro na web da aceleradora, termina o próximo 13 de maio ás 14.00 horas.

A aceleradora do sector da alimentación busca proxectos innovadores de emprendemento

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño