Xoves 25 Abril 2024

A Real Academia de Medicina de Galicia convoca cinco prazas de académicos numerarios

As cadeiras abertas son as de Medicina de Familia e Comunitaria, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Legal, Pneumoloxía e Pediatría

A Real Academia de Medicina de Galicia convocou cinco prazas de Académicos Numerarios da Corporación. As novas posicións corresponden ás cadeiras de Medicina de Familia e Comunitaria, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Legal, Pneumoloxía e Pediatría.

O anuncio da convocatoria foi publicado no Diario Oficial de Galicia do luns 2 de maio de 2022, e establece un prazo de presentación de candidaturas de 15 días naturais a contar desde esta data ata o 17 de maio.

Publicidade

Os aspirantes deben ter nacionalidade española, residir en Galicia e estar en posesión do título de doutor en Medicina. Seleccionaranse polo seu relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.

As propostas de candidatura teñen que ser formuladas por tres académicoss de número, dos que, polo menos un, deberá pertencer á sección na que estea incluída dita vacante.

Entre as incorporacións máis recentes á Academia, o pasado 24 de marzo a Xunta de Goberno elixiu como Académicos Numerarios os doutores Marcelino González Martín, Fernando Julio Ponche Hernando e José Ramón González Juanatey, como titulares de Uroloxía, Historia da Medicina e Cardioloxía, respectivamente; e como Académico Correspondente, o doutor Antonio Domingo Pose Reino.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Para un neno é máis importante unha boa educación sexual que coñecer a capital de Tanzania”

O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, Francisco Martelo, avoga por loitar contra a desinformación desde a educación e reivindica a medicina familiar

A Academia de Medicina premia un traballo de radiocirurxía do hospital de Santiago

O galardón recoñece o labor dun equipo multidisciplinar do Sergas no tratamento dos Schwannomas, uns tumores do nervio vestibular