A cuarta parte dos montes de Galicia son veciñais en man común
Os montes veciñais en man común representan o 23% da superficie de monte en Galicia, ocupan unhas 600.000 hectáreas de terreo e representan un recurso económico de primeira magnitude, segundo se puxo de manifesto este xoves na xornada ‘Montes veciñais, a titularidade comunitaria no contexto europeo’, un foro técnico promovido polo grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (Ecoagrasoc) da USC e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que reúne máis de 60 comuneiros de Galicia e Portugal no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.
A subdirectora da EPS e investigadora do grupo Ecoagrasoc, Ana Isabel García Arias, foi a encargada de dar a benvida aos participantes nesta xornada sobre montes veciñais en man común, un foro aberto no que están representados técnicos da Administración, xuristas e comuneiros e que está pensado como espazo aberto para intercambiar opinións, consultar dúbidas e resolver problemáticas existentes de carácter legal.
Máis información no seguinte enlace:












