Un equipo de AtlantTIC desenvolve algoritmos para buscar datos por voz e imaxe

Mergullados de cheo nun mundo dixital no que a sociedade está conectada case de xeito permanente a unha rede composta por toneladas de información de todos os tamaños e condicións, facilitarlle aos usuarios a busca de contidos é un dos obxectivos claves dos profesionais das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Neste eido traballa o Grupo de Tecnoloxías Multimedia, integrante da agrupación AtlantTIC, que vén de participar en Alemaña no concurso MediaEval 2015, unha iniciativa na que investigadores de todo o mundo achegan as últimas novidades sobre avaliación multimedia e recuperación de datos e na que os proxectos do equipo vigués, centrados na busca de datos a través de voz e imaxe, conseguiron unha cuarta posición, o mellor posto de entre todos os investigadores e investigadoras que participaban por primeira vez neste certame.
Xa sexa na contorna profesional ou no ámbito privado, atopar arquivos específicos sobre un tema concreto ou sobre un personaxe determinado pode ser unha tarefa laboriosa e a que se lle debe dedicar moito tempo si o que se desexa é atopar un resultado óptimo. Na actualidade a identificación dos arquivos a través dos tags (palabras que agrupan artigos relacionados e que definen máis detalladamente os contidos) limítase á identificación de etiquetas de cada arquivo, mais a partires de agora, grazas aos últimos resultados de investigación deste equipo vigués, será máis doado identificar un arquivo ou un personaxe tamén polos contidos que se integren dentro de cada ficheiro, especialmente os arquivos de voz e os audiovisuais.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA

Galicia, na misión Artemis II da NASA: así traballa a UVigo no seguimento de Orion

Un grupo de atlanTTic analizará unha monitoraxe continua durante dez días para asegurar a correcta traxectoria da cápsula

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais

O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic

Investigadores da UVigo desenvolven unha aplicación aberta que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais