A Coruña e Ourense acollen as charlas do APOD galego co físico Dosi Veiga

O Astronomical Picture Of the Day da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior. Agora, por terceiro ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego.

O relator, Dosi Veiga, licenciado en física pola Univ. Santiago de Compostela conta con máis dunha década de actividades variadas no campo da divulgación científica. Colabora como socio en varias asociacións de astrónomos afeccionados (AstroVigo e Ourense Astronómico) e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion.org). É o responsable principal da tradución ao galego do APOD da NASA desde abril de 2011, en www.apodgalego.com e desde novembro de 2014 en gciencia.gal. Entre os anos 2007 e 2010 colaborou tamén coa versión en castelán. En total, máis de 3000 imaxes e textos traducidos.

Publicidade

Esta mesma charla vaise facer en varias cidades galegas, en colaboración con asociacións de astrónomos afeccionados, pendente de convocatoria nestes momentos.

Podes descargar o cartel (en formato pdf, 2,5 MB cada un) da charla de Ourense 2017.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

A Comisión de Deontoloxía do Xornalismo de España avala o labor informativo de GCiencia

A entidade destaca que o portal e National Geographic “cumpren coa normativa deontolóxica” e apoia o seu rigor e respecto ás normas éticas do xornalismo

Fotos | Así foi a entrega dos Premios GCiencia Galicia Spin-off 2025

Na cerimonia recoñeceuse a labor de iniciativas innovadoras xurdidas a partir do ámbito das tres universidades públicas galegas