A asociación galega Ponte…nas Ondas!, destacada na UNESCO como referencia cultural

O colectivo leva 27 anos realizando programas de radio transfronteirizos e xornadas de recollida de tradición oral con centros educativos nas marxes do Miño

Este xoves, 1 de decembro, na 17ª Sesión Intergobernamental da UNESCO, que se celebra en Rabat (Marrocos) vaise proclamar a incorporación da Asociación Cultural e Pedagóxica galega Ponte…nas ondas! como modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterialda no rexistro da UNESCO. 

XVII Sesión Intergobernamental da UNESCO

O último informe da proposta, publicado recentemente, foi ditaminado como favorábel por parte do órgano avaliador, e destacou e valorou a calidade do expediente presentado. Ademais, recoñeceu o traballo realizado pola asociación ao longo destes 27 anos, o que posibilitou a súa entrada e inscrición.

Publicidade

Un total de catro candidaturas internacionais, soamente, serán abordadas deste foro. Deste xeito, o ingreso de Ponte…nas ondas! é o primeiro para Portugal e Galicia e, por conseguinte, estes territorios irmáns en lingua e cultura ofrecerán á cidadanía un modelo que aspira a ser incluído pola UNESCO no seu Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial.

A súa vez, a corporación solicitou aos centros educativos galegos e portugueses que apoien a candidatura. Para iso, a asociación ofreceu aos centros de ensino materiais pedagóxicos, dispoñibles nos seus sitios web. Así, entre as actividades dispoñibles, atoparíase a elaboración dun mural, a gravación dun programa de radio ou vídeo especial sobre Ponte…nas ondas! ou a retransmisión radiofónica dunha peza súa de entre varias que suxiren.

Publicidade

A sesión deste xoves poderá seguirse a través da web da Unesco, así como tamén mediante a páxina da asociación PTO, que retransmitirá en directo o veredicto da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura. 

Con todo, o XVII Comité Intergobernamental da UNESCO comunicará a decisión final a finais do mes de decembro.

Que é Ponte…nas ondas?

Ponte…nas Ondas! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, dende 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Unha actividade na que participan escolas de Primaria e Secundaria de ambas marxes do río Miño.

A súa orixe remóntase a un día de radio que uniu escolas veciñas dos límites do río Miño para celebrar, dende os centros, o feito histórico da inauguración dunha ponte física entre as localidades de Salvaterra de Miño e Monção. Así, un grupo de 16 escolas fundaron unha “ponte de comunicación” a través dunha emisión de radio, que durou 12 horas e que foi levada a cabo por alumnas e alumnos galegos e portugueses. Tal foi o éxito da retransmisión, que a realización do programa interescolar mantívose ano tras a ano.

Entre os obxectivos da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas e a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estes obxectivos engadíuselle en 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.

Deste modo, a asociación leva durante case tres décadas confeccionando unha rede de persoas, escolas, universidades e institucións que buscan o recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla